Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da Feira de Artesanía e de Porco Celta

A cita, que conta coa colaboración da Deputación, abarca un programa no que á tradicional feira e o xantar popular do domingo, 14 de agosto,  suma os concertos de Óscar Ibáñez e A Roda, ademais de actividades infantís, degustacións ou obradoiros

Ourense, 9 de agosto de 2022.- Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da súa Feira de Artesanía e de Porco Celta, un evento gastronómico e cultural organizado polo Concello coa colaboración da Deputación de Ourense e que este ano abarca, ademais da feira de artesanía e o xantar popular de porco celta -o domingo 14 de agosto-, citas como os concertos de Óscar Ibáñez -o venres día 12- e A Roda -sábado 13 de agosto-, actividades infantís, degustacións e varios obradoiros.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial na presentación da Feira de Artesanía e de Porco Celta acompañado polo alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, e da concelleira de Cultura, Begoña Estévez. César Fernández felicitou na súa intervención ao Concello por un evento que “reivindica o noso patrimonio, cunha festa popular de coidada programación para todos os veciños e visitantes”, e avanzou o apoio da Deputación a este tipo de proxectos, que “axudan a dinamizar o noso rural”.

O alcalde recoñeceu o apoio da Deputación á celebración da festa, ademais da cooperación da Xunta a través da celebración do concerto de Óscar Ibáñez, “un gran gaiteiro que é un artista de referencia” e que chega a Cortegada encadrado dentro do ciclo do Xacobeo. Avelino de Francisco remarcou que esta edición supón a “volta á normalidade despois de dous anos de parón pola pandemia, nesta festa da artesanía, da música e das nosas tradicións”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura destacou a alta participación na Feira de Artesanía -30 postos, o tope establecido para esta edición- e a variada programación, con elementos como o “tobogán inchable ou os obradoiros”.

Programación da XII edición da Feira de Artesanía e de Porco Celta

A XII edición desta festa organizada polo Concello de Cortegada arrancará o venres, día 12 de agosto, co concerto de Óscar Ibáñez & Tribo no Campo da Feira, a partir das 22,30 horas. E o sábado 13 de agosto será o momento para a ruta de tapas polos bares coa Charanga Caliqueños -ata as 00,00 horas- e o concerto de A Roda, no Campo da Feira, a partir das 23,30 horas.

O domingo 14 de agosto terá como actividades centrais a Feira de Artesanía, que comeza as 11,00 horas na Praza Bos Aires, e o xantar de porco celta -ás 14,30 horas, cun menú que tamén inclúe paella, viño do Ribeiro, postre e café-. Ademais, a xornada contará cunha degustación de viño do Ribeiro, dúas exhibicións de cetrería, obradoiros de construción de gaitas e de cristal, o tobogán inchable, unha festa da escuma e a animación musical das pandereiteiras Sadeo e a charanga BBB.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El campus de Cesur en Madrid: un gigante de la formación profesional en España

Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…

11 horas hace

La moda online en España tiene líderes claros: Shein, Zara y H&M

El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…

11 horas hace

Prosegur registra un incremento del 32% en su beneficio neto consolidado, alcanzando los 17 millones en el primer trimestre del año

Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…

12 horas hace

Más de la mitad de los encuestados españoles sienten que sus segundas propiedades están en mayor riesgo que en el año anterior

La percepción de riesgo de los españoles por su vivienda vacacional ha aumentado cuatro puntos…

14 horas hace

¡El OurenseCF alcanza un logro histórico al subir a Primera Federación!

Un ascenso celebrado El Ourense CF ha marcado un hito al asegurar su lugar en…

16 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 29 de abril de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense se prevé escasa nubosidad. Según pasen las horas…

22 horas hace

Esta web usa cookies.