As Xornadas de Folclore chegan a Celanova e O Carballiño

Ourense, 10 de agosto de 2022.- Celanova e O Carballiño foron escenario esta tarde-noite ante centenares de asistentes do segundo día das Xornadas de Folclore -despois de estar este martes en Bande e A Rúa-, un evento organizado pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Xunta de Galicia.

Nesta XXXVII edición, que conta con 200 participantes sumando artistas e o equipo técnico, os asistentes aos concertos que se sucederán polas vilas ourensás poderán gozar con seis estilos folclóricos diferentes entre si, grazas a procedencia global dos grupos participantes.

Hoxe en Celanova, o pavillón das Triguerizas, que reemplazou como sede das Xornadas de Folclore nesta vila ao claustro barroco do mosteiro ante as previsións meteorolóxicas da tarde, acolleu dende as 20,30 horas aos artistas das formacións da compañía internacional de danza Paipa, de Colombia; o grupo de Ballet Folklórico do Instituto Tecnológico de Celaya, de México; e unha compañía de Timor Oriental, integrada por estudantes da Universidade de Coimbra que substitúen no programa ao Ballet Himalaya, de Angola, con problemas burocráticos.

A formación de Timor Oriental realizou un pase de quince minutos, divididos en dous bailes: unha danza tradicional chamada babaok, a ritmo de tambor cónico, e un lafalik. Despois, a formación mexicana realizou dous pases: no primeiro, un baile tradicional que combina fandango, guateque e tarima, e despois, unha danza representativa de Jalisco. Os colombianos  da compañía Paipa tamén realizaron dous pases, facendo unha combinación dos bailes das distintas zonas do país como o bambuco, o rodova -típico da zona de Antioquía-, o nariño -unha danza tradicional campesiña habitual nos carnavais-, unha cumbia e remataron bailando un mapale, con orixe afrocolombiano e orixinario das poboación escravas na época colonial.

Unha vez finalizadas as actuacións en Celanova, o epicentro das Xornada de Folclore pasou ao Carballiño, onde os grupos procedentes de Costa de Marfil, Indonesia e Chile realizaron dende as 22,30 horas dúas mostras dos seus respectivos bailes tradicionais.

A xornada de mañá, xoves 11 de agosto, comezará coa recepción na Deputación, prevista para as 12,00 horas e a tradicional fotografía cunha delegación dos grupos participantes. Xa pola tarde, entre a Praza das Toldas de Maceda (22,30 horas) e o Campo da Barreira de Allariz (23,00 horas) acollerán as seis agrupacións culturais participantes nestas Xornadas de Folclore.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

9 horas hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

9 horas hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

9 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

20 horas hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

1 día hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

1 día hace

Esta web usa cookies.