Denunciamos o malgasto de miles de euros da Deputación en toallas co logo da ourensanía

Non é a primeira vez que a institución gasta decenas de miles de euros públicos en propaganda innecesaria e, por iso, os e as socialistas piden un cambio de rumbo ante prácticas

O PSOE defende que institución debe centrar os seus esforzos en prestar asistencia e cooperación de forma xusta e equitativa ao resto de entidades locais en materias de primeira necesidade

Ourense, 17 de agosto de 2022. O PSdeG-PSOE denuncia, unha vez máis, o gasto inútil e de carácter exclusivamente propagandístico, de miles de euros da Deputación de Ourense en toallas co logo da ourensanía. Os e as socialistas consideran innecesario este desembolso de 7.500 euros públicos, nun material que se entregará de balde e sen criterio obxectivo algún na súa distribución, a usuarios e usuarias do pazo dos deportes Paco Paz, unha instalación de titularidade provincial.

Concretamente, a Deputación vén de aprobar un contrato a dedo para o subministro, antes do día 1 de setembro deste ano, dun milleiro de toallas ‘jacquard’ a dous cores, serigrafiadas con este logotipo que nin é oficial nin é propio da institución. Na documentación xustifícase o gasto porque é “necesario” co propósito de que as persoas usuarias do Paco Paz “poidan gozar das actividades de fitness seguindo os estándares de hixiene e limpeza e co obxectivo de facilitarlles o cumprimento da normativa de uso das instalacións e do seu material”.

Non é a primeira vez que a institución ourensá gasta fondos públicos de todos e todas en propaganda innecesaria. Ao longo dos últimos anos desembolsou decenas miles de euros en toallas de similares características, así como en pulseiras, pins, chaquetas e outros materiais publicitarios para difundir o logo da ourensanía.

Desde o grupo socialista insisten en que estas decisións non son investimentos ineludibles e si gastos que non repercuten en nada positivo para a maltreita economía provincial. Por iso reclaman que a Deputación de Ourense deixe de lado estes dispendios, xa que, en calquera centro deportivo, as toallas ou a roupa lévanas os usuarios e usuarias da casa e non llas regala o ximnasio. Desde o PSdeG-PSOE piden un cambio de rumbo que supoña a fin destas prácticas, co fin de adicar eses recursos a impulsar investimentos reais e proxectos de colaboración e cooperación nos municipios ourensáns. Conclúen aseverando que a institución debe centrar os seus esforzos –tal e como indica a lexislación vixente– en prestar asistencia, auxilio e cooperación de forma xusta e equitativa ao resto de entidades locais da provincia en materias de primeira necesidade, como os servizos públicos de asistencia social, abastecemento de auga, limpeza ou servizos de xestión económica, xa que, na maioría dos casos, carecen de recursos para estas tarefas básicas.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 28 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Ourense tendremos más nubes que claros con lloviznas generalizadas…

3 horas hace

Gonzalo Sánchez, PwC España: “Una banca sostenible es clave para el desarrollo y bienestar del país”

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

11 horas hace

Equipos de la America’s Cup comienzan a mostrar innovaciones con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

11 horas hace

Asempleo insta a un acuerdo amplio para disminuir los accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

12 horas hace

Grupo Albia lidera como la funeraria más valorada en España según el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

12 horas hace

Holaluz enfrenta semana crucial con préstamos pendientes

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

19 horas hace

Esta web usa cookies.