Ourense consolídase como provincia de referencia nos deportes náuticos co II Descenso Internacional de Piragüismo

A Deputación patrocina unha proba que o próximo domingo, día 21, congregará a 200 embarcacións e 250 deportistas pertencentes a 25 equipos de tres países, cun percorrido de case vinte quilómetros a través de seis concellos ribeiráns, con saída en Ourense e chegada en Cenlle

Na presentación dos detalles finais da regata, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, referendou a aposta da Deputación por “afianzar un ecosistema deportivo para disciplinas náuticas que converte á provincia en escenario de regatas nacionais e internacionais”

Ourense, 18 de agosto de 2022.- O río Miño protagonizará o próximo domingo, día 21, o II Descenso Internacional de Piragüismo, Ourense Provincia Termal -Memorial Chelís-, no que 200 embarcacións e 250 deportistas pertencentes a 25 equipos de tres países percorrerán unha vintena de quilómetros atravesando seis concellos ribeiráns, con saída en Ourense e chegada en Cenlle. Os detalles finais da proba foron presentados esta mañá no Pazo Provincial nun acto que contou coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; os alcaldes de Toén e Cenlle, Ricardo González e José Manuel Rodríguez; o delegado en Ourense da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández; e o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández.

César Fernández expresou a súa satisfacción pola celebración dunha segunda edición “que empeza a consolidar este evento dentro do calendario de probas deportivas da provincia”. Unha aposta importante da Deputación, lembrou, “que afianza un ecosistema deportivo para disciplinas náuticas e que converte á provincia nun escenario referente para regatas nacionais e internacionais”.

Para Ricardo González está é “unha fantástica oportunidade para que Toén forme parte dunha das grandes citas deportivas do ano, co río Miño como valor engadido e que demostra a súa capacidade para dinamizar os nosos concellos”. Un vencello entre territorio, río e deporte que tamén puxo en valor José Manuel Rodríguez, que anunciou “unha liña de colaboración na compaña do club ourensán cara a próxima creación dun equipo de piragüismo en Cenlle”.

Pola súa banda José Luis Fernández asegurou sentirse “mimado e recompensado por todos os actores –administracións, federación e deportistas- no obxectivo de converter este descenso nunha proba de referencia, que ten moitas fortalezas, e que vai servir de preparación para o Campionato do Mundo de Maratón que se celebrará a finais de setembro na vila portuguesa de Ponte da Lima.

José Luis Fernández, entre tanto, subliñou que grazas á colaboración da Deputación con este deporte 13 concellos do rural, ademais da capital, acollerán neste ano competicións de diverso tipo,” ata agora con tres regatas internacionais, dúas nacionais e tres campionatos galegos, ademais doutras regatas provinciais”.

Unha vintena de quilómetros atravesando seis concellos

O II Descenso Internacional Ourense Provincia Termal, en memoria do fundador da Escola Ourensá de Piragüismo, José Luis González “Chelis”, está organizado polo Club Piragüismo Ourense e a Federación Galega de Piragüismo, co patrocinio da Deputación e a colaboración da Xunta de Galicia, Inorde e os concellos de Ourense, Toén, Cenlle, Castrelo de Miño, Barbadas e Punxín.

Os 250 deportistas e 200 embarcacións pertencentes a 25 equipos de tres países comezarán a regata ás 11.00 horas do domingo desde A Chavasqueira, punto de partida para as categorías k1 e k2 sénior, veteranos e xuvenís, mentres que do embarcadoiro de Alongos (Toén) sairán os cadetes, paleo a pe e canoas, cun porteo de 400 metros. A meta estará situada á altura do Hotel Balneario de Laias.

Entre os participantes destacan figuras a nivel mundial como Iván Alonso (Tui, 1985), ganador de nove medallas na modalidade de maratón e subcampión mundial na última cita europea celebrada en xullo en Dinamarca. Xunto con palistas da selección  arxentina, na proba haberá representantes de todos os clubs da provincia: Fontefría de Muíños, decano dos equipos ourenáns, Fluvial O Barco, Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Fluvial Allariz y Piraguismo Ourense.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

9 horas hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

9 horas hace

Superioridad en alta complejidad: la Fundación Jiménez Díaz elegida la mejor en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

9 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 6 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…

20 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

2 días hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

3 días hace

Esta web usa cookies.