Ourense, 21 de agosto de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá en Cenlle na entrega de premios da II edición do II Descenso Internacional de Piragüismo Ourense, Provincia Termal, competición que conta co apoio do goberno provincial e que sumou unha participación de 200 deportistas. César Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta, Gabriel Alén; o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o delegado en Ourense da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández; e o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández.
O vencedor absoluto da proba foi o tudense Iván Alonso Lage do Club As Torres- Romaría Viquinga campión Mundial de Maratón; o segundo clasificado foi o padeeiro da selección arxentina de piragüismo Manuel Garaycoechea do Club Regatas Uruguai, e o terceiro clasificado, o portugués Rodrigo Ferreira Santos do Clube Fluvial Vilacondense.
Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…
El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…
Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…
La percepción de riesgo de los españoles por su vivienda vacacional ha aumentado cuatro puntos…
Un ascenso celebrado El Ourense CF ha marcado un hito al asegurar su lugar en…
Para hoy por la mañana en Ourense se prevé escasa nubosidad. Según pasen las horas…
Esta web usa cookies.