A Deputación inviste 656.540 euros en 15 proxectos municipais e na colaboración con entidades culturais

Ourense, 22 de agosto de 2022.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia do titular do goberno provincial, Manuel Baltar, aprobou a concesión dun total de 656.540 euros en axudas para realizar quince proxectos en concellos de toda a provincia; unha partida destinada á colaboración coa mancomunidade de O Carballiño e dúas para entidades culturais ourensás: a Fundación Carlos Velo -para a realización da XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense- e a Fundación Insua dos Poetas.

En partidas destinadas á colaboración cos concellos ourensáns, esta mañá aprobáronse estas liñas de actuación: 17.000 euros para o Concello de Arnoia para a celebración da Arnoia Sup Challenge 2022; unha axuda de 6.000 euros para o Concello de Beariz para a publicación dun libro de xogos populares; 8.000 euros para o Concello de Cartelle destinados ao torneo internacional de fútbol sala; Castrelo de Miño recibirá 48.000 euros para a execución das obras de reforma na nave de usos múltiples e 48.000 euros para a execución de obras de mellora da capa de rodaxe en Prado-A Cuqueira; unha axuda de 22.967 euros ó Concello da Mezquita para a instalación fotovoltaica en edificios públicos; unha partida de 43.274,89 euros ó Concello de Muíños para a construción de muro de cachotería e obras complementarias en Tourós.

Ademais, Padrenda recibirá unha subvención de 48.000 euros para executar obras de saneamento en Aldea de Souto; Ribadavia contará cunha partida de 47.297,69 para as obras de arranxo da caldeira de biomasa e o circuíto AQS no polideportivo de O Consello; o Concello de Riós recibirá un total de 55.000 euros para tres proxectos: unha mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas dentro do Plan Marco -15.000 euros-, o acondicionamento da estrada A Veiguiña – Valfarto -10.000 euros- e o arranxo dunha vía municipal -30.000 euros-. Pola súa banda, San Amaro contará cunha partida de 48.000 euros para execución das obras de renovación da iluminación pública en O Cruceiro; un proxecto social do Concello de A Veiga contará cunha partida de 16.000 euros e a Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño contará con 60.000 euros para gastos de funcionamento da entidade.

En colaboración con entidades, a Xunta de Goberno desta mañá aprobou as mencionadas dúas axudas: unha achega de 225.000 euros destinada á Fundación Carlos Velo, para a realización da XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense; e, para a Fundación Insua dos Poetas, 18.000 euros para gastos da entidade correspondentes ó ano 2022.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

10 horas hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

10 horas hace

Superioridad en alta complejidad: la Fundación Jiménez Díaz elegida la mejor en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

11 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 6 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…

21 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

2 días hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

3 días hace

Esta web usa cookies.