Esiximos que o goberno de Jácome desbloquee a comisión de redacción da ordenanza do botellón

O PSDEG-PSOE ESIXE O DESBLOQUEO DA COMISIÓN DE REDACCIÓN DA ORDENANZA DO BOTELLÓN ANTE AS PROTESTAS VECIÑAIS POLO RUÍDO E O CONSUMO DE ALCOL NO CASCO HISTÓRICO DE OURENSE

As e os socialistas salientan a necesidade de abordar a ordenanza municipal a través dun enfoque transversal e co consenso de todos os axentes sociais, asociacións e persoas implicadas

Piden que o goberno local retome axiña esta comisión de traballo, “impulsada polos socialistas e que leva paralizada dende xullo de 2021, hai mais dun ano”

Ourense, 24 de agosto de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense esixe o desbloqueo inmediato da comisión de redacción da ordenanza do botellón ante o elevado número de protestas veciñais polo ruído e o consumo de alcol no casco histórico da cidade durante a fin de semana. As e os socialistas salientan a necesidade de retomar este documento urxentemente a través dun enfoque transversal, en conxunto con outras normativas como as de ruídos, veladores e tráfico, e co consenso de todos os axentes sociais, asociacións e persoas implicadas.

“É máis importante que nunca retomar axiña esta comisión de traballo, impulsada polos socialistas e que leva paralizada dende xullo de 2021, hai máis dun ano” sinalan dende o grupo municipal socialista, ao tempo que alertan da “falta de sensibilidade do microgoberno de Jácome” con este fenómeno social, que está a conducir á “progresiva e irreversible deterioración do casco histórico da cidade, coa consecuente degradación da convivencia veciñal”.

Foto da última xuntanza da comisión de traballo da ordenanza do botellón, en xullo de 2021 // Concello de Ourense

Dende o grupo socialista lembran tamén que a ordenanza municipal reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venda, publicidade e promoción de bebidas alcólicas no espazo público do concello de Ourense –comunmente coñecida como a ordenanza do botellón–, pretende desenvolver a competencia municipal no consumo de bebidas alcólicas de calquera gradación na vía pública, co fin de evitar os problemas derivados das reunións masivas en prazas e parques co alcol como vehiculizador.

Para concluír, as e os socialistas reivindican, como xa fixeron en anteriores ocasións, “un plan de intervención tanto a nivel social como educativo” para paliar as consecuencias derivadas desta práctica e fomentar o desenvolvemento de hábitos respectuosos e saudables a nivel individual e colectivo.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

10 horas hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

10 horas hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

11 horas hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

11 horas hace

Un motorista sufre un atropello por un camionero que se dio a la fuga en Ourense

Un motorista herido tras ser atropellado por un camión en Ourense que huyo del lugar…

16 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 3 de mayo de 2024

A lo largo del día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia.…

21 horas hace

Esta web usa cookies.