O PSDEG-PSOE RECLAMA QUE O CONCELLO DE OURENSE POÑA EN MARCHA MEDIDAS URXENTES FRONTE ÁS PICADAS, A SUBMISIÓN QUÍMICA E A VIOLENCIA SEXUAL EXERCIDA CONTRA AS MULLERES
As e os socialistas levarán unha moción ao vindeiro pleno municipal para instar ao goberno local a instalar Puntos Violeta nas festas e esixir protocolos máis estritos ás empresas organizadoras de eventos
Esixen que o goberno autonómico estenda o protocolo do CHUO para detectar casos de submisión química a todas as áreas sanitarias de Galicia e que desenvolva unha campaña de información ao respecto
Ourense, 25 de agosto de 2022. O PSdeG-PSOE defenderá unha iniciativa no pleno municipal do vindeiro venres para reclamar que o Concello de Ourense poña en marcha medidas de carácter urxente ante o considerable aumento no número de mulleres vítimas de picadas, submisión química e violencia sexual. Concretamente, as e os socialistas instan ao goberno local a condenar calquera tipo de agresión sexual, instalar Puntos Violeta nas festas, esixir protocolos máis estritos por parte das empresas organizadoras de eventos e realizar campañas de concienciación con guías de actuación claras ante este tipo de situacións.
Ademais, solicítanlle á Xunta de Galicia que estenda canto antes ao conxunto das áreas sanitarias galegas o protocolo do CHUO, que foi o primeiro a nivel galego destinado a identificar posibles casos de submisión química e que, dende a súa posta en marcha, se activou dez veces nese centro hospitalario, case sempre con mulleres de menos de 30 anos. Reclaman, ao mesmo tempo, que o goberno galego desenvolva unha campaña de información nos centros hospitalarios e de atención primaria.
A edil socialista Concha García,quen defendeu esta iniciativa promovida polo PSdeG-PSOE a nivel galego, denunciou, durante a presentación da moción ante os medios na sede dos socialistas ourensáns, que as mulleres están sometidas a “múltiples manifestacións de violencia machista, dende a agresión física e sexual ata o maltrato psicolóxico” e sinalou que todas elas contan cun “denominador común”, que consiste en “sometelas a través do medo porque o temor é a arma do agresor para a dominación da vítima”.
A concelleira lamentou que “o número de mulleres vítimas de violencia por razón de xénero aumentou un 3,2 % no ano 2021”, ao tempo que puxo de manifesto que, no que vai de ano, “foron asasinadas a mans das súas parellas ou ex-parellas 26 mulleres”.
No texto da moción, o grupo socialista sinala tamén que, segundo a macroenquisa da violencia contra a muller do ano 2019, en España o 12 % das mulleres sufriron algún tipo de violencia sexual, con 544 agresións sexuais con penetración rexistradas no primeiro trimestre do presente ano 2022, e alerta da emerxencia da submisión química como novo método de moda entre os agresores.
“Nos últimos tempos apareceu un novo xeito de agresión ás mulleres máis novas, ‘a picada’, que a día de hoxe non está claro con que fin se realiza nin cal é o seu obxectivo, pero o que é indiscutible é que é un novo xeito de agredir ás mulleres, unha nova agresión machista que pretende que se impoña o medo entre as mulleres mozas que queren desfrutar do seu tempo de lecer nocturno, xa que os agresores aproveitan festas e espazos de aglomeración de xente para realizar esta agresión e pasar desapercibidos”, abundan as e os socialistas no texto da iniciativa.
Así as cousas, a concelleira García convidou aos medios de comunicación a unha reflexión profunda sobre a linguaxe empregada para facer referencia a esta nova realidade: “debemos censurar que se faga referencia á ‘picada’ como unha ‘broma macabra’, xa que desvirtúa e banaliza a realidade, que é que os ‘pinchazos’ son un delito, con ou sen submisión química. É unha agresión, co agravante de vernos expostas a contraer enfermidades graves como VIH, hepatite, etc. Atopámonos ante unha cara máis da crecente violencia machista exercida contra as mulleres. Actuar fronte a estas agresións é urxente”, insistiu.
Dende o grupo socialista instan ás administracións públicas a velar e garantir a integridade física de toda a cidadanía, defendendo o dereito de liberdade de movemento e sexual, para o cal consideran preciso “traballar conxuntamente coa poboación para erradicar as picadas e todas as agresións sexuais exercidas contra as mulleres”.
En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…
Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…
Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…
En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…
El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…
'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…
Esta web usa cookies.