O servizo de ludoteca móbil da Deputación percorre este verán dezaoito concellos da provincia

Esgos, 25 de agosto de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá a ludoteca móbil instalada pola institución provincial en Esgos. Un servizo que ofreceu hoxe aos rapaces deste concello actividades de lecer dentro do percorrido que a ludoteca está realizando por dezaoito concellos de toda a provincia -beneficiarios por orde de solicitude- durante os meses de verán.

Manuel Baltar, que estivo acompañado polo alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, sinalou que, “un ano máis, a Deputación, aproveitando o verán e pensando nos máis cativos organiza esta ludoteca ao aire libre, unha ferramenta para pasalo ben dentro dun ambiente saudable e en contacto co medio ambiente, os xogos e a música”.

O presidente do goberno provincial amosou a súa satisfacción por este “punto do verán ourensán de referencia, un servizo público co que considero que os concellos ourensáns están plenamente satisfeitos. So basta con ver as caras dos nenos, os pais e os encargados da actividade para concluír que, sen dúbida, esta é unha mañá especial”.

Programación con actividades variadas para rapaces de entre 3 e 14 anos

As actividades programadas pola ludoteca móbil -que nos vindeiros días estará en Riós, A Arnoia ou Manzaneda- perfílanse arredor dunha zona deseñada para os máis pequenos -entre 3 e 7 anos- e outra para maiores -de 8 a 14 anos-. Entre as actividades que se están desenrolando atópanse atraccións inchables, unha zona interactiva, un toro mecánico ou unha festa da espuma con ‘polvos holi’.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

17 horas hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

17 horas hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

18 horas hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

18 horas hace

La policía de Suiza detiene a un hombre buscado por agredir con un arma blanca a un policía de Ourense y por tráfico de drogas

OURENSE, 3 (EUROPA PRESS) Un hombre que permanecía en busca y captura por tentativa de…

19 horas hace

Un motorista sufre un atropello por un camionero que se dio a la fuga en Ourense

Un motorista herido tras ser atropellado por un camión en Ourense que huyo del lugar…

23 horas hace

Esta web usa cookies.