Culpamos a Jácome de eludir responsabilidades na perda da subvención da Praza de Abastos

O PSDEG-PSOE CULPA A JÁCOME DE ELUDIR RESPONSABILIDADES NA PERDA DA SUBVENCIÓN DA PRAZA DE ABASTOS E LAMENTA QUE A VISIÓN DO ALCALDE NON VAIA “MÁIS ALÓ DA RÚA DA SÚA CASA”

Os socialistas aseguran que a perda da subvención para o “proxecto máis importante que se está a executar en Ourense” é corresponsabilidade de DO e froito do nulo interese de Jácome na obra

Aseguran que “as únicas subvencións que parecen interesarlle a Jácome son as que recibe Democracia Ourensana para o seu financiamento interno”

Ourense, 26 de agosto de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense culpa a Gonzalo Pérez Jácome de eludir a súa responsabilidade na perda da subvención de 3,5 millóns de euros para financiar as obras de reforma integral da Praza de Abastos número 1 e lamenta que a visión do alcalde non vaia “máis aló da rúa da súa casa e do seu negocio”. As e os socialistas aseguran que o estado de “desleixo” no que se atopan os mercados de Ourense é “corresponsabilidade de Democracia Ourensana”, sendo o alcalde o responsable “último e directo” da perda da axuda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

“O alcalde Jácome leva dende o inicio do mandato dedicándose a torpedear deliberadamente a subvención e amosando unha actitude de desprezo absoluto cara ao colectivo das praceiras e praceiros” denuncian dende as filas socialistas, ao tempo que inciden en que o rexedor xa leva desaproveitado numerosas axudas en materia de transporte, rehabilitación urbana e comercio, posto que “as únicas subvencións que parecen interesarlle a Jácome son as que recibe Democracia Ourensana para o seu financiamento interno”.

Imaxe de arquivo da praza de abastos número 1

As e os socialistas lembran que a a Praza de Abastos foi seleccionada para a súa reforma ao atoparse nunha zona de especial protección como son As Burgas, e para a propia conservación e enriquecemento do edificio, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Subliñan, así mesmo, que a subvención do Ministerio foi conseguida polo goberno socialista da cidade e concedida durante o anterior mandato do Partido Popular para darlle pulo a un edificio senlleiro que “nunca recibiu a atención que merece por parte do alcalde Jácome”.

Neste sentido, lamentan que vaian ter que ser “as arcas públicas do Concello de Ourense as que, inxustamente, paguen as consecuencias do proceder irresponsable deste rexedor”, ao tempo que recalcan a importancia dun novo goberno para a cidade que permita seguir poñendo en valor este edificio e todos aqueles elementos que permitan que Ourense recupere o seu esplendor.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Holaluz enfrenta semana crucial con préstamos pendientes

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

35 mins hace

El tiempo para hoy en Ourense, 27 de abril de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Por lo…

9 horas hace

Transparencia y liderazgo sostenible esenciales para las empresas públicas, indica el instituto coordenadas

El Instituto Coordenadas de Gobernanza y Economía Aplicada ha constatado que las empresas públicas "deben…

19 horas hace

Adolfo Domínguez destaca que la renovación de su audiencia es esencial para el triunfo de la marca en España

La firma sube un 3% tras multiplicar por más de cuatro su beneficio anual OURENSE,…

19 horas hace

Sostenibilidad y deporte se unen en el eco rallye de Mallorca-Inca ciutat

El Eco Rallye Mallorca-Inca Ciutat celebró su cuarta edición con un éxito rotundo, reuniendo a…

20 horas hace

Madrid celebra la versión más verde de elrow town este fin de semana

Este sábado comienza en Madrid el primero de los grandes festivales de la temporada: Elrow…

20 horas hace

Esta web usa cookies.