Inicio Destacado O vicepresidente César Fernández participa na XXXI edición da Festa da...

O vicepresidente César Fernández participa na XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro

Ourense, 28 de agosto de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández, participou nos actos programados este domingo con motivo da XXXI edición da Festa da Vendima, que se celebra esta fin de semana en Leiro.

As actividades incluíron a recepción dos acios a concurso e a súa posterior exposición, seguido do pregón na praza do Cruceiro a cargo do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, Román Rodríguez, e a continuación o desfile de carrozas e charangas e a IV edición da Concentración de Coches Clásicos. Tralo xantar popular celebrouse o acto de entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas, continuando a xornada festiva con actividades infantís, o mercado artesanal, deportes e música.

Leer más:   A Deputación reforza o seu compromiso coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia

- Te recomendamos -
Artículo anteriorOurense se convierte una vez más, con el patrocinio de la Diputación, en protagonista de cine con el rodaje de la película “Nueva Tierra”
Artículo siguienteO “Correndo por Ourense” regresa este domingo coa carreira da Universidade
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.