Ourense, 3 de setembro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, acompañou esta mañá ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na supervisión das obras do IES As Lagoas de Ourense. Con un investimento da Xunta de Galicia de 1,1 millóns de euros, a rehabilitación integral deste centro educativo supón unha mellora en eficiencia enerxética e mellora no confort do alumnado e profesorado do centro. Na visita tamén participaron, entre outros, o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén.
- Te recomendamos -