Iniciamos un curso político co obxectivo de propiciar o cambio en Ourense

O PSDEG-PSOE INICIA O CURSO POLÍTICO CO OBXECTIVO DE “DESBLOQUEAR” A PROVINCIA E PROPICIAR O “CAMBIO” PARA QUE OURENSE TEÑA POR FIN O FUTURO QUE MERECE

Os e as socialistas celebraron a súa Comisión Executiva Provincial en Barbadás, coincidindo co inicio do curso político e coa celebración dos comicios electorais municipais e xerais no horizonte

Rafa Villarino subliñou que o PSOE “ é un partido de presente e futuro, con moito talento e potencial e que vai rachar co bloqueo nas próximas eleccións para devolverlle a esperanza á cidadanía”

Barbadás, 10 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar a súa Comisión Executiva Provincial en Barbadás, coincidindo co inicio dun curso político que ten no horizonte a celebración das eleccións municipais e xerais. Os e as socialistas fíxanse como obxectivo “desbloquear” a provincia, rematar con anos de “desleixo e abandono” e propiciar o “cambio” para que Ourense teña “por fin o futuro que merece”.

Dende a Executiva Provincial seguen apostando por celebrar as súas comisións en diferentes puntos da provincia e desta vez desprazáronse ata Barbadás, un dos concellos que segundo manifestan os e as socialistas “é un dos faros da provincia, un lugar no que hai esperanza, vida e futuro e no que o PSOE demostrou que é capaz de mudar o sino dun municipio que durante anos estivo sumido en dinámicas nada positivas da man do Partido Popular”.

O alcalde de Barbadás e secretario de economía da Executiva Provincial, Xosé Carlos Valcarcel Doval, sinalou que “é o momento de arrancar e darlle un novo pulo ao partido, tal e como se pretende tamén dende as direccións nacionais e federal, co obxectivo de recuperar folgos e achegar á veciñanza as políticas de progreso e proximidade que se están realizando”.

Valcarcel Doval tamén quixo facer fincapé en que a finalidade da Executiva Provincial “é pór en marcha a maquinaria política a efectos de manter esa proximidade coa veciñanza e co obxectivo claro de manter e medrar en votos, acadar a alcaldía da capital e manter e incrementar as alcaldías que hai no ámbito rural e que son o exemplo do bo facer do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense”.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, puxo o foco en que o PSOE “está facendo a nivel de Estado un dos maiores investimentos na provincia”. Unha provincia que segundo destacou o líder dos socialistas ourensáns “está afastada de todas as posibilidade de desenvolvemento, tras anos dun goberno provincial que ten demostrado a súa incapacidade de mudar as cousas”. Neste senso, tamén salientou que “o PP ten pasado, pero carece de presente e moito menos ten futuro, namentres que o PSOE sucédelle ao revés, é un partido de presente e futuro, con moito talento e potencial e que vai rachar co bloqueo nas próximas eleccións”.

Rodríguez Villarino tamén quixo mandar unha mensaxe de “esperanza” á cidadanía da provincia e destacou que o PSdeG-PSOE de Ourense “conta con persoas competentes e con esa esperanza e capacidade para traballar, e proba delo é esta Executiva Provincial, na que están persoas que demostran a diario a súa valía”. Por último, o líder do PSOE ourensán tamén quixo facer unha reflexión sobre “que sería deste país se houbese estado outro partido ao fronte nesta situación de crise”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

6 horas hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

6 horas hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

7 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

17 horas hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

1 día hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

1 día hace

Esta web usa cookies.