Ourense, 17 de agosto de 2022.- Dentro das actividades paralelas da segunda edición da Mobile Week Ourense, que arranca mañá xoves, Quintela de Leirado e Oímbra acolleron esta mañá sendas iniciativas enfocadas ao fomento do uso responsable das novas tecnoloxías e as posibilidades abertas para a dinamización dos territorios rurais.
Quintela de Leirado contou coa presentación da app CAR -Comunicación Accesible Rural-: esta nova aplicación “de comunicación bidireccional” entre os concellos e os veciños busca avanzar na dixitalización do rural ourensán. A actividade foi impartida por Juan Carlos Pérez, un emprendedor e dinamizador do rural que, segundo explican dende a organización da Mobile, “innova con ferramentas dixitais como Aldealista en territorios en crise demográfica”. A presentación contou coa presenza, entre outros, dos alcaldes de Quintela de Leirado -José Antonio Pérez-, Gomesende -Pura Rodríguez- ou San Xoán de Río -José Miguel Pérez-, ademais do deputado Pablo Pérez.
Mentras, no CPI de Oímbra, o experto Iván Luis Vázquez impartiu a charla informativa “Navega con Rumbo” a un grupo de rapaces do centro. Esta iniciativa busca avanzar na navegación segura en Internet por parte dos rapaces.
El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…
Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…
El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…
Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…
En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…
Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…
Esta web usa cookies.