Reclamamos que a Xunta e a Deputación tomen medidas urxentes contra a seca na provincia

O PSDEG-PSOE DE OURENSE RECLAMA QUE XUNTA E DEPUTACIÓN EMPRENDAN MEDIDAS EXCEPCIONAIS E URXENTES CONTRA A ALARMANTE SITUACIÓN DE SECA QUE ESTÁ A PADECER A PROVINCIA

Levarán unha iniciativa ao vindeiro pleno da Deputación de Ourense para instar á Xunta a crear e dotar un fondo destinado a axudar aos pequenos concellos a facer fronte a situacións de emerxencia por seca

O deputado Nacho Gómez enxalzou a exemplar actuación do Concello de Ribadavia para combater a “seca sen precedentes” na vila fronte á “vergoñenta falta de cooperación e deslealdade por parte da Xunta”

Ribadavia, 15 de setembro de 2022. O PSdeG-PSOE presentará unha iniciativa no pleno provincial deste mes para reclamar medidas urxentes e extraordinarias por parte da Xunta de Galicia, da Deputación de Ourense e das entidades locais ante a alarmante e inédita situación de seca que padece a provincia de Ourense. A través desta moción, as e os socialistas instan á Xunta de Galicia a crear un fondo destinado a axudar aos pequenos concellos para facer fronte a situacións de emerxencia pola seca e outras adversidades climáticas, ao tempo que esixirán que se poña en marcha liñas de axudas dende o organismo provincial para axudar a desenvolver proxectos de obras de abastecemento de auga que os pequenos concellos non poden afrontar por falta de recursos.

A deputada Susana Rodríguez e os deputados Nacho Gómez e Rafa Villarino coa alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez.

“A medida que o quecemento global do planeta se incremente, os seus efectos serán máis perceptibles dentro do ciclo hidrolóxico, motivo polo que se prognostican períodos de seca máis fondos e prolongados que requiren, máis que nunca, a planificación, os mecanismos de control e a cooperación entre administracións para a xestión dun problema que chegou para quedarse”, sinalan dende o grupo socialista provincial.

Así mesmo, no texto da moción as e os socialistas salientan que a situación hidrolóxica é “preocupante” non só en Galicia, senón en toda España, cos encoros ao 35,9 % da súa capacidade total, “o valor máis baixo para estas datas dende 1995”, unha situación que se agrava coa falta de choiva, que suma acumulados un 30 % inferiores aos habituais nestas datas.

“No contexto internacional a situación é semellante, onde nos atopamos con países como Francia, Reino Unido ou Italia afrontando situacións de seca que van camiño de seren as máis graves dende que existen datos, como así o confirman organismos oficiais coma o Observatorio Global da Seca da Unión Europea ou o Programa Copernicus”, aseguran dende o grupo socialista, ao tempo que sinalan que esta situación é extrapolable “ao noso contexto local máis próximo”, con Ourense, Lugo, León e Zamora en estado de seca prolongada dende hai meses.

Deslealdade institucional por parte da Xunta

“Por iso sorprende que, ante unha situación de tal magnitude e proporción, que requiriu que varios concellos da provincia, entre eles Ribadavia, tiveran que aplicar medidas excepcionais co fin de garantir o abastecemento de auga potable, a Xunta de Galicia decidise optar pola vía da irresponsabilidade, dándolle as costas á veciñanza nun momento de gran necesidade”, lamentan.

Neste sentido, o deputado provincial Nacho Gómez enxalzou a exemplar actuación do Concello de Ribadavia para combater a “seca sen precedentes” na vila, fronte á “vergoñenta falta de cooperación por parte da Xunta de Galicia”, á que acusou de “deslealdade institucional”. 

“Nós, dende o primeiro día que decretamos a urxencia cunha alerta especial para este tipo de cuestións, agardabamos que algún responsable da Xunta se preocupara de levantar o teléfono para ofrecernos axuda de calquera tipo, posto que naquel momento todas as administracións locais próximas e a Deputación xa estaban colaborando con nós”, lembrou Gómez, quen manifestou que “aqueles que teñen as competencias e a capacidade económica para ofrecer axuda, deberían ter amosado esa sensibilidade e empatía coa vila de Ribadavia”, que precisa “unha captación permanente e estable que impida un novo desabastecemento”.

Así mesmo, o deputado apuntou ao carácter “construtivo” dunha moción que ten como obxectivo establecer “un compromiso”, de xeito que tanto Ribadavia coma outros concellos da provincia estean equipados e dispoñan dos recursos económicos e técnicos necesarios para garantir o subministro nos seus núcleos.

Pola súa banda, o voceiro dos socialistas na Deputación de Ourense, Rafa Villarino, condenou os ataques en clave electoralista da Xunta ao Concello de Ribadavia e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil “cando a veciñanza estaba, literalmente, sen auga potable”. Neste sentido, Villarino instou ao executivo autonómico a “dar respostas, trasladarse a Ribadavia para comprobar a realidade da grave situación que está a padecer a vila e pór a disposición os recursos necesarios para dotar o núcleo dun abastecemento de auga potable estable.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Emilio Sánchez Academy recibe distinción de excelencia por Middle States Athletics Program

La **Emilio Sánchez Academy** ha sido reconocida con la ‘**Middle States Athletics Program Distinction**’ por…

15 horas hace

Innovación primaveral en Caldea: cabina de hielo y vaporización de aromas

La primavera es un buen momento para adoptar unas rutinas de cuidado de la piel…

16 horas hace

Cambiar el modelo educativo con la inteligencia artificial, el consejo de expertos

La Inteligencia Artificial (IA) es una oportunidad para transformar el modelo educativo y replantear los…

16 horas hace

Atlántica alcanza un EBITDA de 164,2 millones de dólares en el primer trimestre y adquiere plantas eólicas en Reino Unido

La empresa Atlántica, una reconocida firma internacional en el sector de las energías renovables, ha…

19 horas hace

LaLiga tiene más mujeres en los consejos de administración que empresas cotizadas

La CNMV recogió en el Código de Buen Gobierno de la Comisión Nacional del Mercado…

19 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 8 de mayo de 2024

Hoy en Ourense tendremos nubes escasas. En cuanto a las temperaturas, oscilarán entre una máxima…

1 día hace

Esta web usa cookies.