A Deputación contará en 2023 cos orzamentos máis altos da súa historia

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, remarca a importancia duns orzamentos “ambiciosos, cun marcado carácter social e de colaboración cos concellos e con todo o tecido socioeconómico ourensán, co músculo e a capacidade suficiente para permitirnos seguir implementando proxectos de dinamización do territorio”

A Deputación implementará un plan para gastos correntes destinado a aqueles municipios que acrediten insuficiencia financeira e orzamentaria: “Coma concello dos concellos, esta partida amosa a nosa capacidade para anticiparnos a futuras continxencias que se poidan producir coa crise de prezos que estamos vivindo e ofrecemos un apoio clave aos gobernos locais”

Ourense, 16 de setembro de 2022.- A Deputación de Ourense contará en 2023 cos orzamentos máis altos da súa historia, cun primeiro cálculo que alcanza os 90.970.000 euros. O borrador inicial do proxecto económico que será aprobado no pleno ordinario do vindeiro 30 de setembro supón un aumento de máis de 5 millóns respecto aos do 2022 -85,7 millóns- e mantén a tendencia expansiva marcada pola administración provincial tras acadar o fito da débeda cero.

Entre o borrador das partidas previstas para os orzamentos anuais do 2023 destaca un plan de fomento de emprego dotado con 1.830.000 euros, mentres séguese apostando pola axudas enfocadas a fomentar a natalidade na provincia -325.000 euros- e á mocidade -549.000 euros-, dentro da estratexia dinamizadora do territorio e de fixar poboación no rural.

Dentro da colaboración prevista cos concellos, implementarase un plan para gastos correntes para aqueles municipios que acrediten insuficiencia financeira e orzamentaria, dentro do plan de cooperación para obras e servizos: “Coma concello dos concellos, esta partida amosa a nosa capacidade para anticiparnos a futuras continxencias que se poidan producir coa crise de prezos que estamos vivindo e ofrecemos un apoio chave aos gobernos locais”, sinala o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar.

Ademais, os concellos ourensáns recibirán un total de 4.734.590,64 euros en forma de transferencia de capital para os seus propios investimentos mentres que se reforza a achega económica do programa de acción social en cooperación cos concellos -1.200.000 euros-.

Dentro da aposta do goberno provincial pola procura dos mellores servizos públicos para os veciños, os orzamentos anuais de 2023 contemplan a financiación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal, suplindo o investimento que deberían aportar os concellos -un millón de euros- dentro dunha provincia convertida na primeira de Galicia en completar o seu mapa de emerxencias.

Os orzamentos iniciais da Deputación de Ourense contemplan unha dotación de 1.420.000 euros para o Consorcio provincial de incendios e as reparacións de vías provincias serán dotadas cunha partida orzamentaria de 1.400.000 euros.

Ademais, os orzamentos que serán aprobados no pleno do 30 de setembro avanzan na colaboración con axentes socioeconómicos vitais para a dinamización da provincia de Ourense. Nesta liña de traballo, destaca as achegas previstas á Universidade de Vigo -220.000 euros- e á UNED -430.995 euros-. Ademais, mantense a liña de axudas para clubes deportivos -350.000 euros-, o Plan Tarazana de actividades recreativas e culturais -150.000 euros- ou o Programa Skiou -75.000 euros-.

“Uns orzamentos ambiciosos e cun marcado carácter social e de colaboración”, segundo sinala Manuel Baltar

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, remarca a súa satisfacción por uns orzamentos “ambiciosos, cun marcado carácter social e de colaboración cos concellos e con todo o tecido socioeconómico ourensán, co músculo e a capacidade suficiente para permitirnos seguir implementando proxectos de dinamización do territorio”.

Manuel Baltar lembra que este proxecto nace nun contexto convulso que esixe “o mellor de cada administración pública: a propia sociedade demanda institucións fortes, con músculo e capacidade de diálogo”. Nesta liña, o presidente do goberno provincial remarca que este documento económico está elaborado “tras escoitar día a día aos alcaldes, axentes socioeconómicos e a todo o tecido asociativo da provincia de Ourense”.

O presidente da Deputación destaca o “excelente traballo” dos deputados e de todo o equipo económico da administración provincial, “que nos permite avanzar nas accións marcadas no noso plan de mandato mentres implementamos novos proxectos focalizados no progreso do territorio”.

O 30 de setembro, coa súa aprobación no pleno ordinario a Deputación volverá a converterse un ano máis na primeira administración pública española en dar luz verde ao proxecto económico básico do vindeiro ano. Manuel Baltar fai un un especial fincapé nesta forma de traballar da administración provincial: “A nosa capacidade para marcar unha folla de ruta e seguila dun xeito tan escrupuloso convértenos en previsibles e remarcan a nosa posición ao carón dos concellos e, o máis importante, dos veciños. Ourense sabe perfectamente que ten na Deputación ao seu principal aliado”.

 

Partidas de gastos, por apartados:

>Gastos de Persoal: 35.291.531,98 euros

>Gastos Correntes en Bens e Servizos: 23.010.727,34 euros

>Gastos Financeiros: 329.750 euros

>Transferencias correntes: 14.084.262 euros

>Fondos de Continxencia: 300.000 euros

>Inversións reais: 11.622.137,61 euros

>Transferencias de capital: 5.329.390 euros

>Activos financeiros: 300.000 euros

>Pasivos financeiros: 702.200 euros

 

Partidas de ingresos, por apartados:

>Impostos directos: 5.000.000 euros

>Impostos indirectos: 4.532.000 euros

>Taxas, prezos públicos e outros ingresos: 4.993.379 euros

>Transferencias correntes: 75.720.184,67 euros

>Ingresos patrimoniais: 165.212,00 euros

> Enajenación de inversións reais: 21.000 euros

>Transferencias de capital: 238.223 euros

>Activos financeiros: 300.000 euros

>Pasivos financeiros: 0

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

4 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

1 día hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

2 días hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

2 días hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

2 días hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

2 días hace

Esta web usa cookies.