Manuel Baltar: “Ourense está consolidada coma capital tecnolóxica, con ferramentas da potencia da nosa alianza coa Mobile World Capital”

O presidente da Deputación asistiu esta mañá ás actividades encadradas na terceira xornada da Mobile Week Ourense e destacou o “potencial do noso ecosistema TIC, o mellor aval para acoller a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial”

Manuel Baltar felicitou ao equipo organizador por “unha excelente programación, cun deseño tan acaído que permite, por exemplo, que hoxe teña especial protagonismo a Intelixencia Artificial precisamente mentres loitamos para que Ourense albergue a sede da AESIA”.

Ourense, 17 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asistiu esta mañá ás actividades enmarcadas na terceira xornada da segunda edición da Mobile Week Ourense. Unha iniciativa nacida da alianza da Deputación e a Fundación Mobile Week Capital e que é, segundo remarcou o titular do goberno provincial, “unha boa mostra de que Ourense é unha capital tecnolóxica, cun ecosistema TIC de alto nivel que nos posiciona para acoller a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA)”.

O presidente da Deputación destaca o “aliñamento das administracións públicas e a iniciativa privada para potenciar este polo de innovación, con ferramentas tan potentes como a Escola Superior de Enxeñería Informática, o Parque Tecnolóxico de Galicia ou o Centro de Excelencia de Ciberseguridade de Galicia”. Un contexto, reivindica Manuel Baltar, “no que a Deputación ten moito que ver, implementando unha frutífera estratexia baseada na cooperación coa Universidade de Vigo e outros axentes dinamizadores do territorio e liderando novos proxectos como o Centro de Innovación da Formación Profesional ou a cátedra para o desenvolvemento sostible do rural ourensán”.

Nesta aposta pola innovación sobresae, explica Manuel Baltar, fitos como a Mobile Week Ourense, a primeira de ámbito provincial realizada en España: “Esta segunda edición está superando as expectativas iniciais mentres nos permite avanzar na loita contra a fenda dixital e o acercamento da tecnoloxía á cidadanía, un obxectivo básico para seguir mellorando os servizos públicos”.

O presidente da Deputación felicitou ao equipo organizador da Mobile Week Ourense por “unha excelente programación, cun deseño tan acaído que permite, por exemplo, que nesta terceira xornada teña un especial protagonismo a Intelixencia Artificial precisamente mentres loitamos para que Ourense albergue a sede da AESIA”.

Intensa programación no Marcos Valcárcel

O Marcos Valcárcel foi hoxe o escenario principal da terceira xornada da Mobile Week Ourense, co mencionado protagonismo para a Intelixencia Artificial. O centro cultural da Deputación acolleu pola mañá as conferencias “Non hai metaverso sen metahumáns” -de Victor Feliz- e “A Intelixencia Artificial ao servizo do turismo” -de Alba Mejide-, ademais das presentacións da exposición de Abanca “AI: More than human” e “Aldealista, a gran big data no noso territorio”, por Juan Carlos Pérez e Juan Martín. A mañá pechouna Luis Garvía cunha sesión vermú na que falou do “blockchain”.

Na sesión de tarde, mentres no Marcos Valcárcel proxectáronse as mellores curtas de animación dos últimos 20 anos, a sede de Asesou acolleu unha procura do tesouro tecnolóxica e Bispo Cesáreo foi o punto de partida para unha actividade de orientación.

Última xornada da Mobile Week Ourense

A  xornada de mañá domingo, a última da segunda edición da Mobile Week Ourense, estará protagonizada polo Family Day. Dende as 10,00 ata as 14,00 horas, na Escola Superior de Enxeñería Informática realizaranse actividades pensadas para que os máis pequenos se acheguen as novas tecnoloxías, así coma formación para pais e educadores. Entre outras iniciativas, unha Hora do Código -introdución ao deseño e impresión 3D- ou un taller Digicraft da Fundación Vodafone para construír un visor de hologramas.

Ademais, Celanova acollerá o xeotour “Celanova Xurés”, coa aplicación Geocaching. Dende a Praza Maior da vila -10,00 horas-, os participantes deberán localizar obxectos agochados nos arredores coa axuda desta app.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 1 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…

21 horas hace

La Premier League imita a LaLiga e implementa control económico tras años de funcionar a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

1 día hace

El olivar se erige como un atractivo clave para el turismo rural en toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

1 día hace

El rol crucial del auditor en los procesos de reestructuración empresarial

Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…

1 día hace

Un camión cargado de pizarra fue detenido en Carballeda de Valdeorras por exceder en 15.000 kilos la carga permitida

OURENSE, 30 (EUROPA PRESS) Un camión que transportaba pizarra ha sido interceptado en la parroquia…

2 días hace

Dos camiones chocaron en una carretera en Vilar de Barrio (Ourense), provocando dos heridos leves

OURENSE, 30 (EUROPA PRESS) El conductor y su acompañante han resultado heridos de carácter leve…

2 días hace

Esta web usa cookies.