Ourense, 17 de setembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde en Manzaneda na entrega de premios da terceira etapa da XX edición da Volta Ciclista a Galicia, con saída e chegada na estación de montaña ourensá. Rosendo Fernández estivo acompañado, entre outros, polo delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o director da estación de montaña, Víctor Picos; e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.
A Volta Ciclista a Galicia, que conta coa colaboración da Deputación, remata mañá domingo en Ponteareas.
- Te recomendamos -