A proba está incluída no campionato provincial e con ela péchase a tempada 2021-2022 nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete
Os inscritos, un 25 % máis que no pasado ano, pertencen a cinco clubs ourensáns
Ourense, 23 de setembro de 2022.- Un total de 137 padeeiros participan este próximo domingo, día 25, na quinta regata da Copa Deputación de Piragüismo, a celebrar en Barra de Miño (Coles). Unha proba incluída no campionato provincial desta disciplina e organizada polo Club Piragüismo Ourense e a federación galega, ademais do patrocinio da Deputación.
A regata foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do asesor de Deportes do goberno provincial, Bernardino González; a tenente alcalde de Coles, Susana Rodríguez; e os representantes do club organizador, Mercedes Sánchez e Santiago Carvajales.
A regata pecha a tempada 2021-2022, así como tamén a liga provincial nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Os 137 inscritos, un 25 % máis con respecto á participación do pasado ano, pertencen a cinco clubs da provincia: Fontefría de Muíños; Fluvial O Barco; Fluvial Avión; Castrelo de Miño; Fluvial Allariz; e Piragüismo Ourense.
El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…
'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…
Un motorista herido tras ser atropellado por un camión en Ourense que huyo del lugar…
A lo largo del día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia.…
La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…
Alerta en Ourense: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…
Esta web usa cookies.