Manuel Baltar recoñece a fonda pegada que deixa Elixio Rivas, “un home que axudou a construír o noso propio coñecemento de Ourense”

O filólogo e etnógrafo ourensán, Medalla de Ouro da Provincia, morreu onte aos 97 anos tras unha vida adicada á investigación

Ourense, 25 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, expresou esta mañá as súas condolencias polo pasamento de Elixio Rivas, falecido onte aos 97 anos. Persoa clave da filoloxía e a etnografía galega, Elixio Rivas é “unha figura fundamental desta provincia, á que axudou a súa propia autocomprensión grazas a unha vida completamente adicada á investigación”, prantexa Manuel Baltar, que recoñece as achegas dun home “tan valioso polo seu coñecemento como pola súa profunda dimensión humana”.

Elixio Rivas foi distinguido coa Medalla de Ouro da Provincia en 2019 como recoñecemento a unha traxectoria exemplar, con fitos como a súas amplísimas investigacións sobre o léxico rural do noroeste peninsular ou o seu libro “A Limia”. “Un homenaxe a unha forma de ser e de sentir o noso, de divulgar os mellores valores que nos singularizan como pobo e como país”, como referendou Manuel Baltar no acto de entrega da medalla, o 1 de abril de 2019.

Nado en 1925 en Fondo de Vila, Xunqueira de Ambía, Elixio Rivas, relixioso paúl, licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1975) e doutor na mesma especialidade (1979). Especialista en Toponimia, a súa tese de doutoramento sobre esta materia e os seus traballos de investigación etimolóxica son un referente nos estudos universitarios referidos a esta temática. Foi membro da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia desde 1978 e fundador e presidente da Asociación Galega de Onomástica da Universidade de Santiago, así como correspondente da Real Academia da Historia.

Recoñecido con premios como a Medalla Castelao da Xunta de Galicia, entre as obras e proxectos de Elixio Rivas tamén destacan a restauración da ermida de San Mamede; a creación da Aula da Natureza en O Caudillo; os traballos a prol da restauración do Camiño Mozárabe de Santiago; ou a creación e restauración das pezas do Museo Etnográfico situado en Montemedo, Os Milagros.

 

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Ourense

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

9 horas hace

Madrid, el nuevo bastión del ‘Smash Burgers’ con Marlons y VICIO a la vanguardia

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

9 horas hace

Gonzalo Mairata Corominas ficha por Sagardoy Abogados como abogado del Estado

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

10 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

21 horas hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

1 día hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

1 día hace

Esta web usa cookies.