Ourense, 25 de setembro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asistiu esta mañá no Marcos Valcárcel á presentación do documental “Peregrinas, mulleres no Camiño de Santiago”, de José Antonio Vázquez Taín e Alberte Cabarcos.
Neste proxecto, gravado en Ourense, o xuíz e novelista ourensán aproxímase a figura de peregrinas de diferentes épocas para comprender o significado do Camiño de Santiago en cada momento histórico dende a perspectiva da muller.
- Te recomendamos -