Inicio Destacado Os socialistas de Viana interésanse na Deputación polo arranxo da estrada de...

Os socialistas de Viana interésanse na Deputación polo arranxo da estrada de Santo Agostiño

O PSDEG-PSOE DE VIANA INTERÉSASE NA DEPUTACIÓN DE OURENSE POLO ESTADO DAS OBRAS DE ARRANXO DA ESTRADA DE SANTO AGOSTIÑO QUE REMATARÁN O VINDEIRO 24 DE OUTUBRO

Os e as socialistas fan fincapé en que “gracias a labor do PSdeG o arranxo da estrada de Santo Agostiño é hoxe unha realidade, despois de moito tempo loitando porque se cumprira esta demanda histórica”

Confían en que o anuncio feito por Baltar no pleno da Deputación “sexa realidade na data anunciada”, pero sinalan que “o estado no que se atopan as obras non nos invitan a un excesivo optimismo”

Viana do Bolo, 3 de outubro de 2022. O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo interésase na Deputación de Ourense polas obras da estrada de Santo Agostiño, que se están levando a cabo na actualidade e sobre a que realizaron varias preguntas ao presidente do ente provincial, Manuel Baltar. Os e as socialistas congratúlanse de que o arranxo avance a bo ritmo e que segundo as palabras do presidente as obras “estarán rematadas o vindeiro 24 de outubro”.

Leer más:   Rueda anunciará el viernes su decisión de optar a liderar el PP ante la Junta Directiva provincial de Pontevedra

Dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que “despois de anos pelexando polo arranxo dunha estrada que se atopaba nunhas condicións lamentables, por fin vaxa ser realidade o fin das obras e o acondicionamento desta estrada, tan necesaria polo alto volume de vehículos que circulan a diario pola mesma”. As preguntas realizadas de xeito oral no pleno da Deputación de Ourense, polo deputado provincial socialista, Aurentino Alonso, son unha continuación das diferentes iniciativas levadas a cabo polos socialistas nos últimos tempos, tales como a moción para crear unha comisión que negociase coas partes interesadas, a celebración dunha andaina reivindicativa e a presión feita para arranxar a estrada.

O PSOE vianés agarda que a data comprometida polo presidente da Deputación de Ourense para o remate das obras “sexa unha realidade e a veciñanza de Viana poida ver cumprida dunha vez por todas, o arranxo desta estrada”.  Os e as socialistas fan fincapé en que “gracias a labor do PSdeG-PSOE o arranxo da estrada de Santo Agostiño é hoxe unha realidade, despois de moito tempo loitando porque se cumprira esta demanda histórica e tras conseguir o compromiso de todas as partes implicadas”. Neste senso tamén destacan que “xa quedan poucos días para o remate dun sono polo que levamos anos pelexando”.

Leer más:   Celebramos que a variante norte sexa unha realidade grazas ao compromiso do goberno socialista de Pedro Sánchez

A Agrupación Socialista de Viana confía en que o anuncio público feito por Baltar no pleno da Deputación de Ourense “sexa realidade na data anunciada”, pero sinalan que “o estado no que se atopan as obras non nos invitan a un excesivo optimismo”. Segundo relatan “comezouse co asfaltado e están preto de rematar co arranxo de cunetas e sumidoiros, máis aínda quedan días para rematar con estes traballos”.

Os e as socialistas preguntaron no pleno da Deputación sobre cal era a data prevista para a finalización das obras, na que o presidente respondeu que rematarían o 24 de outubro. Tamén fixeron fincapé en se se lle concedera a empresa adxudicataria unha prórroga para o remate das obras, e Baltar respondeu que “non, pero que estas foran paralizadas entre o 18 de novembro de 2021 e o 13 de abril de 2022”. Aurentino Alonso tamén preguntou se habería algunha outra actuación no 2023, ao que presidente da Deputación de Ourense respondeu que “non hai máis actuacións previstas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLevaremos ao pleno municipal de Ourense unha moción contra a trata, a prostitución e a explotación sexual
Artículo siguienteOurense acollerá o 6 de febreiro de 2023 a vindeira reunión da Comisión de Deputacións da FEMP
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.