Ourense acollerá o 6 de febreiro de 2023 a vindeira reunión da Comisión de Deputacións da FEMP

Os integrantes da comisión aceptaron a proposta de Manuel Baltar: “Este é un novo paso na consolidación de Ourense como referente dos gobernos intermedios en cuestións transcendentais para o progreso territorial”

Na reunión reivindicouse a capacidade das deputacións para capilarizar os territorios en cuestións centrais como o reparto dos fondos europeos e analizouse as tensións nas tesourerías das administracións locais provocadas pola inflación e a suba de prezos dos materiais e a enerxía

A comisión tamén abordou o posible papel das deputacións na implantación de ciberseguridade nos concellos

Ourense, 3 de outubro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta mañá en Cáceres na Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Unha reunión na que, a proposta de Manuel Baltar e co respaldo dos integrantes da comisión, acordouse celebrar a vindeira xuntanza deste órgano da FEMP en Ourense, o próximo 6 de febreiro de 2023.

“Na nosa firme aposta polo municipalismo, acoller esta reunión será unha honra e un novo paso na consolidación de Ourense como referente dos gobernos intermedios en cuestións transcendentais para o progreso territorial”, recalca Manuel Baltar, que valora a reunión que se celebrará na provincia en febreiro como “unha nova oportunidade para demostrar a importancia da cooperación e o traballo horizontal, pezas básicas da folla de ruta deste goberno provincial. Por riba das lóxicas partidistas, esta comisión está unida na defensa dos territorios e a procura da creación de emprego e oportunidades”.

Na reunión da comisión celebrada no Palacio Provincial de Cáceres reivindicouse a importancia das deputacións como administracións intermedias apoiando, segundo valorou Manuel Baltar, a “capacidade de capilarizar os territorios”. Unha cuestión clave no actual contexto en cuestións como “a intervención na xestión dos fondos europeos no marco comunitario 2021-2027, para que independentemente do municipio no que se resida, todos os veciños teñan acceso a estas axudas para a recuperación de forma xusta e equitativa”. Para abordar esta cuestión, a comisión contou coa participación de Mercedes Caballero, secretaria xeral de Fondos Europeos.

Na comisión tamén se analizou o actual contexto económico que vive España, coas consecuencias que están a sufrir os gobernos locais e intermedios debido á inflación e a suba de prezos dos materiais e enerxía, que se suman aos gastos extraordinarios provocados pola pandemia. Neste sentido, o presidente da Deputación tamén expuso esta mañá a necesidade de que o “Goberno outorgue os fondos da axuda polo coronavirus que dende a FEMP levamos reclamando dende fai máis dun ano”.

As consecuencias da escalada de prezas na obra pública

Despois de que a Xunta de Goberno da FEMP, da que forma parte Manuel Baltar, solicitase o pasado martes apoio ao Goberno ante as importantes tensións provocadas na tesourería das entidades locais, esta mañá advertiuse en Cáceres do risco de parálise da economía se o Executivo non aclara o mecanismo para a revisión de prezos da obra pública: “Sen unha solución adecuada, moitas empresas do sector van quedar nunha situación de máxima vulnerabilidade e vaise a destruír emprego”

Na reunión da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares púxose sobre a mesa como a escalada dos prezos da materia, os combustibles fósiles e a enerxía eléctrica están a facer efecto na obra pública. Trátase, en moitos casos, de proxectos que se contrataron entre o segundo semestre de 2020 e o primeiro de 2021, e que se están vendo afectados na súa execución por este forte incremento dos prezos das subministracións.

O principal problema detectado é que a Real Decreto-Ley 3/2022, ampliado posteriormente polo RD-Ley 6/2022, aprobado para paliar o encarecemento das materias primas, permite en determinadas circunstancias e, a proposta do adxudicatario, unha revisión extraordinaria de prezos en supostos non contemplados pola Ley de Contratos del Sector Público.

Este mecanismo, pensado para os contratos de obra do Estado, prevíase que tamén puidese facerse extensivo aos contratos de obra do resto de administracións, comunidades autónomas e entidades locais, que así o acordasen os seus órganos de goberno. Tal e como se expuso na xuntanza, “está a detectarse que o mecanismo, no caso do sector público local, non está a resultar útil, polo que pedimos que o Executivo repense o mecanismo para aclarar todas as dúbidas e problemas que está a suscitar”.

Manuel Baltar e outros presidentes de gobernos provinciais coincidiron esta mañá en recalcar que “se debería polo menos, con carácter excepcional e extraordinario, eximir ás empresas que non poidan cumprir co contrato inicial pola alza dos prezos, da prohibición de contratar coa administración ante a resolución culposa do contrato”. Así mesmo, solicitouse na reunión que se amplíe polo Executivo a listaxe de materiais a ter en conta para calcular o limiar do 5% de incremento dos prezos dun contrato para que sexa posible a revisión extraordinaria do mesmo. Tamén pediuse que sexan tidos en conta os incrementos do prezo da enerxía nas fórmulas de cálculo.

Ademais, na comisión tratouse a cuestión da ciberseguridade co apoio de varios responsables do CNI -que explicaron a situación do Sistema Nacional de Seguridade-, analizándose o papel que as Deputacións poden xogar á hora de implantalo nos municipios de cada territorio, mesmo aqueles que, polo seu tamaño, teñen máis dificultades para facelo.

A reunión comezou cun acto de homenaxe á figura de Charo Cordero, presidenta da Deputación de Cáceres falecida en decembro de 2020.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El Instituto IO Investigación señala a Isabel Díaz Ayuso como la líder política más visible en España

La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…

6 horas hace

Ourense en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Ourense: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

16 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 2 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense habrá más nubes que claros con tormentas y lluvia.…

21 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 1 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. En cuanto…

2 días hace

La Premier League imita a LaLiga e implementa control económico tras años de funcionar a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

El olivar se erige como un atractivo clave para el turismo rural en toda España

El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…

2 días hace

Esta web usa cookies.