O PP de Celanova apela á “responsabilidade política diante da veciñanza” para apoiar no pleno de mañá un paquete de investimentos

• O portavoz popular José Luis Ferro, lamenta os métodos antidemocráticos do alcalde, “que convoca a sesión en horario de mañá, en contra do establecido no regulamento, e impide así a asistencia de dous concelleiros do PP por motivos laborais”

• Denuncia que o alcalde “actúa como si tivese maioría absoluta, sen capacidade de diálogo e con prepotencia, como xa quedou en evidencia logo doutras decisións tomadas en contra da vontade da maioría dos cidadáns”

4, outubro, 2022.

O grupo municipal do Partido Popular de Celanova vén de anunciar o seu voto favorable ao paquete de investimentos que se presentan ao pleno ordinario de mañá mércores, “nun exercicio de responsabilidade política diante da veciñanza”, afirma o portavoz popular José Luis Ferro, “malia os métodos antidemocráticos do alcalde, que convoca a sesión en horario de mañá, en contra do establecido no regulamento, e impide así a asistencia de dous concelleiros do PP por motivos laborais”.

Aínda que os investimentos previstos son necesarios para a veciñanza “tamén é certo que hai outras demandas perentorias”, afirma o portavoz popular, que empraza ao alcalde a abrir liñas de diálogo coa oposición, tanto co PP como cos nacionalistas, para tratar de acordar cales son os investimentos máis urxentes: “Hai pobos que levan cinco meses sen auga e non hai obras previstas no plan para paliar esta situación”.

O rexedor, abonda Ferro neste sentido, “actúa como si tivese maioría absoluta, cunha manifesta falta de capacidade de diálogo, mantendo unha actitude prepotente como xa quedou en evidencia logo doutras decisións tomadas en contra da vontade da maioría dos cidadáns de Celanova”.

José Luis Ferro fai fincapé ademais no “talante antidemocrático” do alcalde, que convocou o pleno en horario matinal “imposibilitando a presenza de dous concelleiros do PP por motivos de traballo, o que lle dá marxe para aprobar os investimentos sen contar co resto da oposición”.

O representante do PP denuncia que a convocatoria en horario de mañá incumpre o regulamento aprobado na sesión de organización, “que indica que os plenos ordinarios celebraranse os mércores pola tarde”. Neste sentido desvelou que presentaron un recurso de reposición, que foi desestimado, “non só coa finalidade de que poidan estar presentes todos os concelleiros, incluídos os nosos, senón tamén para facilitar a asistencia da veciñanza”.

Con todo, o grupo municipal popular está a xestionar a necesaria autorización para que podan votar os dous concelleiros do PP que non poden asistir ao pleno, “de tal xeito que tamén referenden co seu apoio eses investimentos”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Prosegur registra un incremento del 32% en su beneficio neto consolidado, alcanzando los 17 millones en el primer trimestre del año

Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…

42 mins hace

Más de la mitad de los encuestados españoles sienten que sus segundas propiedades están en mayor riesgo que en el año anterior

La percepción de riesgo de los españoles por su vivienda vacacional ha aumentado cuatro puntos…

2 horas hace

¡El OurenseCF alcanza un logro histórico al subir a Primera Federación!

Un ascenso celebrado El Ourense CF ha marcado un hito al asegurar su lugar en…

5 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 29 de abril de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense se prevé escasa nubosidad. Según pasen las horas…

10 horas hace

Ourense: Qué tiempo va a hacer en el puente de mayo

¿Cómo estará el tiempo en Ourense durante el próximo puente de mayo? Los expertos advierten…

15 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 28 de abril de 2024

En la mañana de hoy en Ourense tendremos más nubes que claros con lloviznas generalizadas…

1 día hace

Esta web usa cookies.