O PP de Ourense, primeira formación política en España que pon en marcha o Comité de Campaña para as eleccións locais de 2023

• Manuel Baltar pon énfase na constitución do comité “xa que imos afrontar as eleccións máis importantes de cantas existen, as locais”. Lembra que desta convocatoria sairán tamén os gobernos provinciais, “e só o PP de Ourense foi quen de presentar un candidato coñecido cun programa electoral definido, o que ofrece máis certezas e confianza”

• O presidente provincial estará acompañado por 18 persoas, que desde distintas áreas encargaranse do deseño e execución da campaña electoral

• O máximo órgano entre congresos aprobou tamén o nomeamento de cinco novas xestoras noutras tantas agrupacións locais

5, outubro, 2022.

A Xunta Directiva do Partido Popular de Ourense, reunida esta tarde por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou o nomeamento do Comité de Campaña para as eleccións locais de maio de 2023, converténdose na primeira formación política que pon en marcha este órgano. “Sempre dixen que os populares ourensáns están permanentemente en modo campaña, non só durante os quince días oficiais, e o acordo de hoxe ratifica que o noso partido ten capacidade para responder con anticipación a calquera convocatoria ”, afirmou Manuel Baltar.

O presidente puxo énfase na constitución do comité “xa que imos afrontar as eleccións máis importantes de cantas existen, as locais, de onde sairán os gobernos máis próximos ao territorio e á cidadanía”. Pero tamén desta convocatoria sairán os gobernos provinciais, subliñou, “e só o PP de Ourense foi quen de presentar nas últimas convocatorias un candidato coñecido cun programa electoral definido, o que ofrece máis certezas e confianza”.

Manuel Baltar pediu aos membros da Xunta Directiva “a máxima implicación desde xa, para que os ourensáns podan comprobar que en calquera recuncho do territorio hai alguén do Partido Popular comprometido coa provincia”. Esa é a fórmula, dixo, “para conseguir que o 28 de maio consigamos un novo recórd histórico de apoio”.

O Comité de Campaña está integrado por 19 persoas, con Manuel Baltar á fronte como responsable político. Neste órgano estará acompañado por Ana Villarino como coordinadora de campaña; Jorge Pumar, coordinador de organización; Luis Manuel Vergara, xerente de campaña e responsable do plan de medios e publicidade; Miguel Ángel Santalices, responsable de programa; Lara Pérez, argumentarios; Ana Fernández Morenza, formación; Marifé Dacoba, interventores e apoderados; Carmen Leyte, mailing; Marisol Díaz, transparencia; Sonia Ogando, asesoría xurídica; Javier Rey, prensa; Pablo Pérez, actos; movilización electoral, Rosendo Fernández; Miri Barreira, campaña de dirixentes; Ana Vázquez, voto por correo e CER; Ignacio Campos, Novas Xeracións; Jackeline Fernández, novas tecnoloxías e redes sociais; e Manuel Cabezas, responsable de Ourense Cidade.

CINCO NOVAS XESTORAS. 

No marco do proceso organizativo interno para as próximas eleccións locais, e como continuación do traballo iniciado en xuño, a Xunta Directiva tamén aprobou o nomeamento de cinco xestoras noutras tantas agrupacións locais da provincia: A Merca, Quintela de leirado; Toén; Cenlle; e Bande.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

10 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Las temperaturas oscilarán entre una…

1 día hace

La necesidad de una transición energética equitativa resalta en el encuentro de Riad

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

2 días hace

Durante más de un año, el 61% de los mayores de 55 años sin encontrar trabajo

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

2 días hace

El grupo italiano Comelit compra Ingenium S.a. para fortalecer su mercado de domótica

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

2 días hace

Innovación y lujo en los cinco hoteles españoles elegidos a nivel mundial

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

2 días hace

Esta web usa cookies.