Manuel Baltar blinda o “máximo compromiso” da Deputación con “seguir mellorando a competitividade do turismo ourensán, apoiados na innovación e a sostibilidade”

O presidente da Deputación participou esta mañá na inauguración do XXII Congreso Internacional de Turismo da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), que se celebra ata o sábado, día 8 de outubro, na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus

Manuel Baltar enmarcou a cita neste horizonte de dinamización territorial: “Estamos a dar pasos importantes e algún tan definitivo como é o AVE, un factor que nos proporciona un plus especial para implementar proxectos tan transcendentais como o Gran Hotel Balneario Auria”

Ourense, 6 de outubro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá na inauguración do XXII Congreso Internacional de Turismo da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), que se celebra ata o sábado, día 8 de outubro, na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.

Na cita, que conta coa colaboración da Deputación, participa un centenar de especialistas do eido académico, científico, empresarial e institucional co obxectivo de avanzar no desenvolvemento deste sector estratéxico para Galicia e España nun momento de profunda transformación tras o impacto da pandemia e no marco da revolución dixital.

Manuel Baltar destacou na súa intervención os esforzos realizados nos últimos anos para dinamizar o sector turístico dunha provincia que é “eminentemente turística”: “Traballamos colectivamente para seguir avanzando na competitividade do turismo ourensán, aumentando a súa capacidade de atracción dende unha perspectiva innovadora e sostible”.

O presidente do goberno provincial lembrou o potencial de Ourense no eido termal: “É o gran potencial de Ourense. Somos líderes europeos en capacidade termal e estamos a traballar no bo camiño, con fitos como o Congreso Internacional de Turismo Termal celebrado a semana pasada en Ourense, coa organización da European Historic Thermal Towns Association, o apoio da Deputación e o aval da Organización Mundial do Turismo”.

Manuel Baltar enmarcou o Congreso da AECIT neste horizonte de dinamización territorial: “Estamos a dar pasos importantes e algún definitivo como é a Alta Velocidade, un factor que nos proporciona un plus especial para implementar proxectos tan transcendentais como o Gran Hotel Balneario Auria, que será un referente europeo”.

O titular da Deputación blindou o “máximo compromiso” do goberno provincial co sector turístico, recalcando o interese de iniciativas como este congreso, que se celebra “nesta fábrica de talento que é o Campus de Ourense, e co que temos unha liña de cooperación especialmente estreita” .

Manuel Baltar estivo acompañado na apertura do congreso pola a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro; o tenente alcalde de Ourense, Armando Ojea; a vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o presidente de AECIT, Felio José Bauzá; a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, María Montserrat Cruz; e o presidente do comité organizador do congreso, José Antonio Fraiz.

Conferencias e mesas redondas

AECIT unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa persoal docente e investigador e profesionais de recoñecido prestixio no ecosistema do sector do turismo, das empresas, das universidades, das institucións e das consultoras en España, contando con máis de 250 socios, entre eles a Universidade de Vigo, que acolle por segunda vez na súa historia o seu congreso bianual.

A temática elixida para esta edición é “O novo turismo: a innovación, a dixitalización, a sostibilidade e a competitividade do sector”. Cada un destes eixes conta cun relator convidado relevante nesa área e unha mesa de debate con representación empresarial, da administración pública e académica/investigadora. Tamén hai un espazo para a presentación e discusión dos distintos traballos de investigación.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Gonzalo Sánchez, PwC España: “Una banca sostenible es clave para el desarrollo y bienestar del país”

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

3 horas hace

Equipos de la America’s Cup comienzan a mostrar innovaciones con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

3 horas hace

Asempleo insta a un acuerdo amplio para disminuir los accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

4 horas hace

Grupo Albia lidera como la funeraria más valorada en España según el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

4 horas hace

Holaluz enfrenta semana crucial con préstamos pendientes

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

12 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 27 de abril de 2024

Para el día de hoy en Ourense el cielo estará cubierto con lluvia. Por lo…

20 horas hace

Esta web usa cookies.