Galicia rexistra un total de 1.851 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.851, deles 418 son da área da Coruña, 216 da de Lugo, 333 da de Ourense, 190 da de Pontevedra, 242 da área de Vigo, 296 da de Santiago e 154 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 147 en unidades de hospitalización e 1.699 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 674.145 persoas curadas, rexistrándose 3.925 falecementos. 

O último falecemento rexistrado por coronavirus foi:

Día 10 de outubro:

Muller de 96 anos, da área sanitaria de Pontevedra.

A persoa falecida tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.985.465.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.830.744.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Ourense, 7 de mayo de 2024

Para hoy por la mañana en Ourense habrá más nubes que claros. A medida que…

4 horas hace

El atractivo de Laliga para la inversión extranjera en España se intensifica

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

17 horas hace

Nueva investigación indica uso de empresas chinas en recolección de datos de usuarios internacionales

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

17 horas hace

Superioridad en alta complejidad: la Fundación Jiménez Díaz elegida la mejor en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

18 horas hace

El tiempo para hoy en Ourense, 6 de mayo de 2024

Hoy a primera hora en Ourense se prevén más nubes que claros. Por la tarde…

1 día hace

El tiempo para hoy en Ourense, 5 de mayo de 2024

En el día de hoy en Ourense habrá más nubes que claros con lluvia. En…

2 días hace

Esta web usa cookies.