Inicio Destacado A Deputación publica o libro “Ourense, terma bimilenaria”, da investigadora Marita Souto

A Deputación publica o libro “Ourense, terma bimilenaria”, da investigadora Marita Souto

O presidente da Deputación valora a importancia desta publicación, “un completo traballo de investigación e difusión de toda a nosa riqueza termal”. Manuel Baltar destaca a traxectoria da autora: “Merece a pena aplaudir a Marita Souto, situada na vangarda dos estudos científicos, ourensá e con toda unha vida adicada á investigación, promocionando e impulsando o sector termal”

O traballo está articulado por comarcas, estudando os establecementos termais e as fontes de saúde. En “Ourense, terma bimilenaria”, Marita Souto lembra e reivindica o rexurdimento deste sector na súa vertente terapéutica e como ben de saúde, benestar e saúde mental, perfilando o concepto de “turismo de saúde”

Ourense, 28 de febreiro de 2022.- A Deputación de Ourense ven de editar o libro “Ourense, terma bimilenaria”, da investigadora ourensá Marita Souto. Esta publicación fai un extenso recorrido histórico pola cultura da auga da provincia, vinculada dende fai séculos ao termalismo. “É un magnífico traballo de Marita Souto, unha das grandes especialistas en termalismo, da que temos que presumir que é ourensá. Sempre loitou por este sector, situada na vangarda da investigación científica”, destaca o presidente provincial, Manuel Baltar, que define o valor deste libro: “A Deputación de Ourense pon a disposición dos lectores un completo traballo de toda a nosa riqueza termal; a provincia co maior potencial termal de Europa”.

Leer más:   Alerta en Ourense: más de 50 positivos en alcohol y 41 en drogas en campaña de la DGT

O presidente da Deputación alínea a traxectoria de Marita Souto con esta publicación e o peso específico do termalismo na provincia: “Merece a pena aplaudir a Marita Souto, por toda unha vida entregada a investigación. Recoñecemos un completo traballo de investigación e divulgación, un dos nosos eixos estratéxicos de desenvolvemento. Agora, a Deputación, co seu servizo de publicacións, difunde a nosa riqueza termal a través dunha das investigadoras máis prestixiosas, ourensá, que sigue ca súa vocación pública de investigación, promocionando e impulsando o noso rico, e moi exportable, sector termal”.

O traballo está articulado por comarcas, no que se estudan os establecementos termais ou as fontes de saúde. “Cada ficha acompáñase dunha memoria histórica de referencias de médicos, historiadores, escritores e viaxeiros dende o século XIV ata o século XXI, servindo ao lector curioso para coñecer como foi o devir das estacións balnearias no tempo”, sinala Marita Souto na presentación do libro.

Novidades e fotografías inéditas

“Ourense, terma bimilenaria” amplía o traballo realizado pola autora no libro “Galicia, terma bimilenaria”. Está enriquecido con maior número de fontes de saúde e balnearios, reforzando a investigación das súas orixes e incluíndo as memorias do director médico do balneario. “Establecementos famosos a finais do século XIX e comezos do XX, nalgúns casos hoxe abandonados e en outros substituídos por plantas embotelladoras. O libro tamén presenta fotografías inéditas”, explica Marita Souto.

Leer más:   A Deputación apoia o documental sobre o Camiño Miñoto Ribeiro, estreado esta tarde no Teatro Principal

O libro describe novas fontes de auga termal, fontes de saúde e benestar, como recorda a experta: “Queda demostrada a fe no efecto beneficioso e curativo cos agüístas facían destas augas xa como auga de bebida ou como baño, respaldadas por séculos de utilización”. “Ourense, terma bimilenaria” estuda a situación actual das instalacións balnearias e hoteleiras, segundo avanza Marita Souto na presentación do libro, “investigando e interpretando o rico patrimonio natural, etnográfico, arqueolóxico e a valiosa e variada arquitectura relixiosa  e civil da comarca na que está situado cada balneario e fonte de saúde”.

Recorda a investigadora o resurximento deste sector na súa vertente terapéutica e como un ben de saúde, benestar e saúde mental, perfilando o concepto de “turismo de saúde”.  Afondando na difusión dos efectos terapéuticos das augas mineiro medicinais e a reivindicación da terma como un “destino turístico privilexiado, conxugando natureza, patrimonio e pracer, congregando actividade terapéutica ao benestar e ao turismo de saúde”. Nesta liña, a publicación, que comeza cun compendio de artículos de expertos no ámbito termal -Philippe Vergnes, Luis Pérez de Romero, José Ramón Seara, Mayte Suárez ou a propia Marita Souto-, inclúe un capitulo adicado as “virtudes, clasificación e relación coas patoloxías das augas misteriosas” e un glosario con máis de 140 palabras vinculadas ao eido termal.

Leer más:   Manuel Baltar analiza futuras vías de colaboración entre a Deputación e o Concello coa nova alcaldesa de Riós

O libro está integrado no plan anual de publicacións da Deputación. Ademais da súa distribución a nivel institucional, tamén estará en bibliotecas e librarías para a lectura dos veciños interesados.

Marita Souto, referencia internacional do termalismo

Marita Souto é unha referencia internacional no termalismo. A investigadora ten numerosas publicacións neste eido: realizou estudos pioneiros na presenza do selenio nas fontes termais da provincia e traballos de campo sobre os efectos das curas termais en balnearios como o de Baños de Molgas ou as propiedades terapéuticas das augas de O Tinteiro. Presente en foros internacionais como o G-20, as súas investigacións mereceron en dous ocasións a medalla Paul Coutorier, o máis alto recoñecemento da Sociedade Francesa de Termalismo e Talasoterapia pola Saúde Buco-Dental.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación recibe ao alcalde da Rúa
Artículo siguienteEncuentro de Manuel Baltar con el presidente de la Federación Española de Bancos de Alimentos
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.