Inicio Destacado A Deputación compromete a súa colaboración co Concello de Laza para a...

A Deputación compromete a súa colaboración co Concello de Laza para a construción dunha residencia de maiores

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao alcalde, Ramón Barreal, co que abordou outras actuacións a realizar no municipio en materia de infraestruturas e dotacións para os veciños, como dous parques infantís

Ourense, 5 de abril de 2022.- A Deputación de Ourense colaborará na construción dunha residencia para maiores no Concello de Laza, proxecto que se encontra na súa fase inicial e no que tamén participará a Xunta de Galicia. Así o comprometeu o presidente da Deputación, Manuel Baltar, durante a reunión que mantivo esta mañá no Pazo Provincial co alcalde de Laza, Ramón Barreal, un encontro no que se abordaron outras actuacións a realizar no municipio en materia de infraestruturas e dotacións para os veciños.

Leer más:   ÚLTIMA HORA | Hallan muerta a una mujer en el tren Madrid-Vigo

En concreto, Manuel Baltar adiantoulle ao rexedor a colaboración da Deputación na última fase das obras de saneamento no núcleo de Cimadevila, así como no arranxo de varias rúas e vías de titularidade municipal. O goberno local tamén contará con axuda para os parques infantís que se están a construír en Toural e Rúa, en resposta á demanda veciñal.

Ao remate da reunión Ramón Barreal expresou o seu agradecemento pola “receptividade que sempre amosa o presidente” á hora de transmitirlle as inquedanzas dos alcaldes como representantes da veciñanza.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO presidente da Deputación reúnese co alcalde de Manzaneda
Artículo siguienteEl Colegio de Médicos de Ourense abrirá este miércoles una oficina de apoyo para el registro de instrucciones previas
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.