Inicio Destacado O presidente da Deputación asiste á presentación das novas sendas peonís proxectadas...

O presidente da Deputación asiste á presentación das novas sendas peonís proxectadas pola Xunta en Esgos e Pereiro

Presentacion das obras das sendas peonis de Esgos e Pereiro 3

Esgos, 18 de abril de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asistiu esta mañá á presentación das novas sendas peonís proxectadas pola Xunta de Galicia en As Vendas (Esgos) e Santa Baia (Pereiro de Aguiar). Estas dúas inversións do goberno autonómico suman 1,1 millóns de euros, abarcando máis de 3 quilómetros de lonxitude na marxe esquerda da OU-536 e prevénse que estén finalizadas na primavera do 2023. Neste acto tamén estiveron a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e os alcaldes de Esgos e Pereiro, Mario Rodríguez e Luis Menor.  

Leer más:   Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da Feira de Artesanía e de Porco Celta

- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar reúnese coa alcaldesa de Rairiz de Veiga
Artículo siguienteA Deputación colabora co Concello de Vilar de Barrio na adquisición de maquinaria para a loita contra incendios forestais
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.