Inicio Destacado A Deputación apoia a celebración da MITEU, “unha referencia para Galicia” segundo...

A Deputación apoia a celebración da MITEU, “unha referencia para Galicia” segundo Rosendo Fernández

Anxo Lorenzo Rosendo Fernandez e Esther de Blas

O Teatro Principal acolleu esta mañá a presentación da 27 edición da mostra, que se desenvolverá entre o 1 e o 16 de maio en varios puntos da cidade

O vicepresidente primeiro da Deputación definiu a MITEU como “un punto de encontro artístico, que deixa ademais unha gran influencia cultural”

Na programación destacan nomes como Pepe Viyuela ou Leo Bassi, ademais da homenaxe ao músico ourensán Xaime Mateo, finado o pasado decembro

Ourense, 19 de abril de 2022.- O Teatro Principal acolleu esta mañá a presentación da XXVII edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU). Un evento que este ano programará a 16 artistas e compañías teatrais procedentes de toda España, e que contou nesta presentación coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; o director da mostra, Fernando Dacosta; o fundador de Cervexas Esmorga, Luis Portabales e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.

Leer más:   A Ourense Film Commission realizará a súa presentación oficial ante o sector audiovisual español no marco da próxima edición do OUFF

Na súa intervención, o vicepresidente primeiro da Deputación sinalou a esta proba como un “destacado punto de encontro artístico, que deixa ademais unha gran influencia cultural na cidade de Ourense”. Rosendo Fernández destacou ademais como estas 27 edicións falan dunha mostra “madura e consolidada, unha referencia para Ourense e Galicia”.

A mostra voltará a ocupar a axenda cultural das dúas primeiras semanas de maio, despois da alteración nas datas sufridas en anteriores edicións por mor da pandemia. O programa foi definido polo secretario xeral de Cultura como o “da recuperación, ambicioso e de espectáculos de calidade”. A programación contará con funcións de circo contemporáneo, danza, música e teatro de rúa e de interior.

Leer más:   Os socialistas de Cenlle acusan ao PP de ter o concello sumido na escuridade por problemas no alumeado público

Fernando Dacosta destaca que a programación deste ano baséase “na reflexión dende distintos puntos de vista artístico do mundo que nos rodea”, tratando así múltiples temas “como o tema da peste, cun paralelismo claro  a pandemia que estamos vivindo dende hai dous anos, a migración tanto a económica como a causada por motivos da guerra”. A directora do Teatro Principal sinalou o obxectivo de “implicar ó público universitario, ó público mozo”.

Entre o 1 e o 16 de maio, a MITEU contará na súa programación, con eventos por toda a cidade, coa presenza de compañías e artistas procedentes de toda España, Portugal, México e Italia, con nomes tan destacados coma Pepe Viyuela e Leo Bassi, ademais de importantes compañías de teatro universitario. O 12 de maio, dentro do marco da mostra realizarase un concerto homenaxe ao músico ourensán Xaime Mateo -finado o pasado decembro e que colaborou en anteriores edicións da mostra ademais de numerosas actividades culturais da provincia- ou un obradoiro sobre os principios básicos da Comedia Dell’ Arte.

Leer más:   A Fundación Carlos Velo edita co apoio da Deputación o libro "A caixa do correo", unha recompilación de 133 cartas persoais do cineasta

A programación estará dispoñible na web da mostra nos próximos días.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar pon a Ourense Strade Termal como exemplo de cooperación transfronteiriza
Artículo siguienteRosendo Fernández protagonizou o Foro La Región sobre o plan de Termalismo Social da Deputación
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.