Inicio Destacado A Deputación patrocina a XV edición do Pórtico do Paraíso, “un festival...

A Deputación patrocina a XV edición do Pórtico do Paraíso, “un festival que conxuga calidade e experiencias únicas”, segundo Rosendo Fernández

Juan Enrique Miguens Rosendo Fernandez e Purificacion Iglesias web

O vicepresidente primeiro da Deputación valorou o nivel da programación -“con propostas importantes no eido internacional da música culta”- e a capacidade do festival para reivindicar emblemas arquitectónicos da provincia, con concertos nos mosteiros de Santa Cristina de Ribas de Sil e Santa María de Montederramo

O festival arrancará o 29 de abril co concerto de Americantiga Ensemble na igrexa de Santiago das Caldas, programado coma homenaxe das vítimas do covid e da guerra da Ucraína

O director do Pórtico do Paraíso, Juan Enrique Miguéns, destaca “a volta a liña máis internacional do festival” e a presenza no programa do Conservatorio de Ourense, coma sede de cursos de interpretación e coa súa participación no concerto do pianista Raúl da Costa, que servirá para pechar o programa o 8 de maio

A directora do Conservatorio de Ourense, Purificación Iglesias, valorou a importancia do ensino musical e deste tipo de eventos na “formación dos rapaces e na construción dunha sociedade culta”

Ourense, 20 de abril de 2022.- A sala de prensa da Deputación acolleu esta mañá a presentación da XV edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso. Un evento organizado pola Asociación Pórtico Musical e patrocinado pola Deputación de Ourense e que, segundo definiu o vicepresidente primeiro provincial, Rosendo Fernández, “xa é un clásico, un referente, con propostas importantes no panorama internacional no eido da música culta”.

Leer más:   A Deputación aproba a concesión de 260.000 euros en axudas para cooperación cos concellos e deporte

Rosendo Fernández resaltou a “aposta da Deputación pola cultura e pola cooperación interadministrativa e a alianza pública-privada” para acadar dun xeito máis eficiente os obxectivos, neste caso co deseño dun festival que conxuga “calidade e experiencia únicas”. O vicepresidente primeiro da Deputación valora tamén a capacidade do Pórtico do Paraíso para mesturar “música e patrimonio”, coa posta en valor de emblemas da provincia como os mosteiros de Santa Cristina de Ribas de Sil e Santa María de Montederramo, inéditos ata o de agora como escenarios do Pórtico do Paraíso.

No acto de presentación do festival, que arranca o vindeiro 29 de abril, tamén interviron o director do Pórtico do Paraíso, Juan Enrique Miguéns e a directora do Conservatorio de Ourense, Purificación Iglesias. Na sala de prensa estiveron acompañados pola coordinadora do festival, Conchi da Silva e Francisco Magide, edil de Cultura de Parada de Sil, municipio colaborador do festival en Galicia xunto ao Concello de Montederramo, a Xunta de Galicia e Clínica Dental Parracía.

Juan Enrique Miguéns destacou, “en estes tempos convulsos”, a proposta coa que arranca o festival: “Unha versión inédita en España do ‘Requiem’ de Mozart, descuberta recentemente polo director da Americantiga Ensemble e que se combinará coas intervencións poéticas de Conchi da Silva”. Este concerto irá adicado ás vítimas da pandemia e da guerra de Ucraína.

Leer más:   Recepción ao alcalde de Baltar

O director do Pórtico do Paraíso destaca que o festival “volve a súa liña máis internacional, con artistas que farán miles de quilómetros para tocar na provincia”. Miguéns lembra como dende a Asociación o traballo para “sumar edicións a pesar dos obstáculos, sempre co compromiso coa calidade”, agradecendo o patrocinio da Deputación e o resto de colaboradores: “Sen entidades públicas e privadas non sería posible este festival”. Juan Enrique Miguéns tamén sinalou a vontade de “dar protagonismo ao Conservatorio de Ourense no seu 65 aniversario, levando cursos de interpretación -Kyuhee Park  e Raúl da Costa- e contando coa súa Orquestra Clásica para o concerto de peche en Montederramo.

A directora do Conservatorio de Ourense definiu como significativo a coincidencia do 65 aniversario cos 15 anos de festival, agradeceu a colaboración do director e da coordinadora do Pórtico do Paraíso para “manter encontros formativos con artistas de renome internacional”. Purificación Iglesias resaltou a importancia que ten na formación dos rapaces e dunha sociedade culta o ensino da música, situando como clave a colaboración entre administracións e sector privado para o desenrolo destes eventos.

Leer más:   Recepción ao alcalde de Viana do Bolo

Programación do 29 de abril ao 8 de maio

O festival arranca o venres 29 de abril co concerto do conxunto vocal e instrumental  Americantiga Ensemble (igrexa de Santiago das Caldas, 20,30 horas). O domingo 1 de maio, a Andrew Lawrence-King, “lenda vida da música antiga” segundo Miguéns, estará no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil (19,00 horas), cun programa de música inglesa renacentista e barroca seleccionado especificamente para este concerto. O venres 6 de maio, a surcoreana Kyuhee Park tocará no Liceo de Ourense (20,30 horas), cun programa de música española. E pechará o festival no mosteiro de Santa María de Montederramo, o pianista luso Raúl da Costa, cunha primeira parte de Schumann e unha segunda co concerto número 9 de para piano e orquestra de Mozart en compañía da Orquestra Clásica do Conservatorio de Ourense (19,00 horas). En paralelo, haberá cursos de interpretación no Conservatorio de Ourense con Kyuhee Park (5 de maio) e con Raúl da Costa (4, 5 e 6 de maio).

Todos os detalles da XV edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso están na súa web.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación recibe da Xunta 100 novos colectores de reciclaxe para potenciar un servizo de recollida e tratamento de lixo único en Galicia
Artículo siguienteUn incendio afecta al parque natural de O Xurés
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.