Inicio Destacado A Deputación recibe da Xunta 100 novos colectores de reciclaxe para potenciar...

A Deputación recibe da Xunta 100 novos colectores de reciclaxe para potenciar un servizo de recollida e tratamento de lixo único en Galicia

Entrega de colectores de reciclaxe web 5

A entrega dos novos contedores tivo lugar esta mañá no punto limpo do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa presenza, entre outros, da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez

O deputado destacou que esta achega “vai contribuír a dar pulo ao servizo que presta a Deputación na práctica totalidade do rural da provincia”, subliñando a continua mellora “grazas á boa xestión que realiza a área de Medio Ambiente e maila concienciación dos concellos que teñen delegada a súa competencia”

A conselleira afirmou que o novo material permite realizar “un traballo encomiable á única Deputación que presta este servizo nunha provincia na que, ademais, a dispersión da poboación non fai doado este labor”

Estes cen colectores permitirán á Deputación potenciar un servizo que atende as necesidades de dous terzos dos habitantes da provincia, 200.000 persoas, en máis de 70 concellos

Leer más:   A Deputación convoca o XLI Premio de novela Eduardo Blanco-Amor

Con este acto, nos últimos cinco anos entregáronse 10.000 contedores en Galicia para fomentar a reciclaxe

Ourense, 20 de abril de 2022.- A Deputación de Ourense conta desde hoxe con 100 novos colectores para a reciclaxe de envases lixeiros e papel-cartón -popularmente coñecidos como contedores amarelos e azuis- entregados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dentro do convenio marco asinado entre a Xunta de Galicia e a empresa Ecoembes. Un cento de unidades que permitirán á Deputación potenciar un servizo intermunicipal de recollida e tratamento de lixo único en Galicia e que atende as necesidades de dous terzos dos habitantes da provincia, 200.000 persoas, en máis de 70 concellos.

A entrega dos novos colectores tivo lugar esta mañá no punto limpo do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o xerente da Zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez; e o alcalde de san Cibrao, Manuel Pedro Fernández.

Leer más:   Baltar defende na xunta xeral de grupos de interese de Agbar a importancia da colaboración pública-privada para garantir os servizos de calidade nos concellos rurais

Pablo Pérez situou a política medioambiental da Xunta “á vangarda de calquera dos gobernos europeos”. Un traballo exemplar, dixo, que xunto co convenio asinado con Ecoembes “vai contribuír a dar pulo ao servizo que presta a Deputación na práctica totalidade do rural da provincia e que non deixa de mellorar, grazas á boa xestión que realiza a área de Medio Ambiente e maila concienciación dos concellos que teñen delegada a súa competencia”.

Pola súa banda, a conselleira destacou que coas novas unidades entregadas hoxe son xa 1.142 os colectores de reciclaxe postos a disposición dos concellos da provincia por parte da Xunta e Ecoembes. Un material que permite realizar “un traballo encomiable á única Deputación que presta este servizo nunha provincia na que, ademais, a dispersión da poboación non fai doado este labor”. Con este acto, engadiu, nos últimos cinco anos entregáronse 10.000 contedores en toda Galicia para fomentar a reciclaxe.

Leer más:   A Deputación afianza a súa colaboración con Vilar de Santos co apoio a proxectos de eficiencia enerxética, infraestruturas e cultura

5.200 colectores amarelos e azuis na provincia

Os cen novos colectores súmanse aos preto de 500 contedores que a Xunta e Ecoembes entregaron á Deputación hai catro anos, 450 deles para envases lixeiros e 30 para papel-cartón. En conxunto, a Deputación de Ourense conta con preto de 5.200 unidades distribuídas por máis de 70 concellos. Deste total, 900 colectores pertencen á fracción azul, recollendo o papel e cartón que depositan 124.000 habitantes de 61 concellos. O resto dos contedores, case 4.300, facilitan a reciclaxe de envases lixeiros a unha poboación de 147.000 persoas, destacando neste caso a pureza dos residuos recollidos nestas unidades e que alcanza ata o 75 %.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOs Maios, Fiesta de Interés Turístico
Artículo siguienteA Deputación patrocina a XV edición do Pórtico do Paraíso, “un festival que conxuga calidade e experiencias únicas”, segundo Rosendo Fernández
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.