Inicio Destacado O Pazo de Bentraces convértese no escenario de “La manzana de oro”,...

O Pazo de Bentraces convértese no escenario de “La manzana de oro”, a nova película de Jaime Chávarri

Manuel Baltar co equipo de La manzana de oro

Elena Seijo Abelo Valis e Manuel Baltar

Manuel Baltar visitou ao equipo técnico e artístico que o luns comeza a rodar esta produción, que conta co patrocinio da Deputación. O goberno provincial, afirma, “cre como ningunha outra administración no futuro do sector audiovisual e na súa capacidade para outorgar visibilidade a Ourense”

O presidente da Deputación mantivo un encontro co director, os produtores Mario Real e Xosé Zapata, e o elenco artístico do que forman parte Marta Nieto, Sergi López, Adrián Lastra, a ourensá Elena Seijo e o ribadaviense Abelo Valis.

Chávarri expresou o seu agradecemento por ter e oportunidade de regresar a Galicia para traballar nun proxecto que, afirmou pola súa banda o produtor Mario Real, ten como punto de partida “o gran apoio do presidente da Deputación á cultura”

Barbadás, 21 de abril de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá o Pazo de Bentraces, no concello de Barbadás, onde o director de cine Jaime Chávarri está a ultimar co seu equipo técnico e artístico o inicio da rodaxe da súa nova película: La manzana de oro, que conta co patrocinio da institución provincial. Unha comedia onde a meirande parte da historia transcorrerá entre os muros desta construción do século XV e que supón o regreso do cineasta á dirección. Na presentación desta película e posterior visita ao Pazo de Bentraces, Manuel Baltar estivo acompañado polo propio Chávarri, os produtores Mario Real e Xosé Zapata, e parte do elenco artístico: Marta Nieto, Sergi López, Adrián Lastra, Elena Seijo e Abelo Valis.

Leer más:   Os premios Insua dos Poetas recoñecerán este sábado a labor cultural de Pilar Corredoira, Felipe Senén López, Ramón Caride, Bieito Romero, José María Vila Alén, o festival Fetega e o programa "Cos pés na terra"

O presidente da Deputación afirmou que o goberno provincial seguirá receptivo a calquera proxecto que promocione Ourense, “pois cremos como ningunha outra administración no futuro do sector audiovisual e na súa capacidade para outorgar visibilidade a Ourense”. Manuel Baltar enmarcou esta nova rodaxe na estratexia que a Deputación puxo en marcha hai anos “asumindo a organización do Festival de Cine de Ourense, que este ano celebra a súa 27 edición, a aposta por converter a Ourense nun plató para a produción audiovisual, como no lugar no que nos atopamos pero tamén como calquera outro dos concellos da provincia, ou a celebración en 2023 da gala de entrega dos premios Mestre Mateo en Ourense, en alianza coa Academia Galega do Audiovisual”.

A visibilidade para a provincia, engadiu, “multiplícase coa conexión con Madrid en pouco máis de dúas horas, o que facilita o desprazamento dos equipos técnicos e artísticos”. Un aforro de tempo “que permite tamén coñecer outras bondades de Ourense como o maior potencial termal de Europa ou un territorio irmán con Portugal, co que compartimos a fronteira máis extensa de toda España”. A estas vantaxes sumou Manuel Baltar a implantación “do programa Destino turístico intelixente, do turismo á carta, no que tamén a provincia farase famosa polas localizacións das súas rodaxes”.

Leer más:   España Vaciada con denominación de origen: casi un 25% de las viviendas de Ourense están sin habitar, el porcentaje más alto de España

O regreso ao cine de Jaime Chávarri

Con La manzana de oro Jaime Chávarri regresa ao cine tras case dúas décadas de ausencia para dirixir unha comedia “onde o humor, que parte máis de situacións, está continuamente presente”, dixo o propio director, agradecido pola oportunidade de volver a Galicia para traballar. Mario Real, produtor desta película xunto con Xosé Zapata, explicou pola súa banda que a elección de Ourense para a rodaxe ten como punto de partida “o gran apoio da Deputación e do seu presidente á cultura”, subliñando tamén as vantaxes loxísticas que achega o AVE “ao estar moi preto en tempo do centro de produción en Madrid”. Agradecemento pola aposta da Deputación cara este tipo de proxectos e “un privilexio e un regalo por traballar con Chávarri” foron, entre tanto, as palabras empregadas polas actrices e actores que integran o reparto e entre os que se atopan a ourensá Elena Seijo e o ribadaviense Abelo Valis, que grava a súa primeira película. O reparto desta película, coral, complétano actores como Roberto Enríquez, Vicky Peña, Joaquín Climent, Paca Gabaldón ou Carla Campra.

Leer más:   El presidente de la Diputación mantuvo reuniones con tres delegaciones sudamericanas para "avanzar en el impulso global al termalismo como eje de desarrollo"

Tras a presentación da película aos medios, Manuel Baltar e a parte do equipo artístico e técnico presente en Bentraces pasearon polo exterior do pazo para coñecer algunha das localizacións da película. Estiveron acompañados polos propietarios do pazo, Mar e Guillermo Vázquez Peñamaría.

6 semanas e media de rodaxe nesta adaptación da novela “Ávidas pretensiones”, de Fernando Aramburu

La manzana de oro, cuxa rodaxe comeza o luns e prolongarase durante seis semanas e media no Pazo de Bentraces e outras localizacións próximas da provincia, está baseada na novela “Ávidas pretensiones”, de Fernando Aramburu, Premio Biblioteca Breve que anualmente concede a editorial Seix Barral. O guión é do propio Chávarri e de Jose Ángel Esteban.

Narra a historia dun invitado inesperado que desestabiliza as xornadas poéticas que cada ano reúne nun illado convento do noroeste peninsular a distintas tendencias da poesía española. Mentres os poetas escriben e recitan na procura dun premio dourado, unha sospeita de plaxio, a loita por participar nunha futura antoloxía, a irreverencia dun rapeiro, o aniversario dun poeta centenario e outras situacións máis acabarán por rematar nunha noite de treboada, logo do triunfo inesperado dunha nova estrela feminina da poesía contemporánea.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación colabora coa actividade “Abril, mes do libro” da Facultade de Educación e Traballo Social
Artículo siguienteJaime Chávarri regresa al cine con la grabación de la película ‘La manzana de oro’ en Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.