Inicio Destacado A Deputación colabora no proxecto “Camiño de Santiago en familia”

A Deputación colabora no proxecto “Camiño de Santiago en familia”

Camino de Santiago en Familia 2

Ourense, 23 de abril de 2022. – O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, despediu esta mañá no convento das clarisas de Vilar de Astrés aos máis de 200 peregrinos procedentes de toda a Diócese de Ourense que afrontan a primeira etapa do proxecto “Camiño de Santiago en familia”, no que os camiñantes chegarán a Cea nun recorrido de 17 quilómetros. Antes da saída, na que tamén estivo o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, Rosendo Fernández e varios colaboradores repartiron aos participantes chalecos de seguridade cedidos pola institución provincial. Esta iniciativa está organizada pola Diócese, e a través de seis etapas repartidas ata outubro os peregrinos chegarán a Santiago. 

Leer más:   Operación de rescate heroica en la Ribeira Sacra

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación explora en Melgaço a cooperación transfronteiriza na Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Artículo siguienteRosendo Fernández asistiu ao Abril Oteriano 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.