Inicio Destacado A Deputación colabora coa exposición “Os sons da pedra”, que recolle instrumentos...

A Deputación colabora coa exposición “Os sons da pedra”, que recolle instrumentos do Pórtico da Gloria, o Pórtico do Paraíso e o Pazo de Xelmírez

Visita de Manuel Baltar ao taller de instrumentos da Deputacion web

O taller de instrumentos da Deputación aporta instrumentos e material á mostra organizada en Santiago pola USC e o grupo Organistrum, e que se inaugura este venres no Pazo de Fonseca

Manuel Baltar resalta o “bo traballo e profesionalidade” do equipo dirixido por Manuel Brañas: “Este é un dos tesouros da Deputación, creando auténticas marabillas que agora estarán nunha exposición deste nivel”

Ourense, 27 de abril de 2022.- A Deputación de Ourense colabora coa exposición “Os sons da pedra”, que recollerá instrumentos do Pórtico da Gloria e o Pazo de Xelmírez da Catedral de Santiago e do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense.

O taller da Deputación de Ourense atendeu a solicitude de cooperación dos organizadores e colabora con cinco instrumentos representados no Pórtico do Paraíso e con diverso material. Manuel Baltar visitou o obradoiro e resaltou o bo traballo e a profesionalidade do equipo dirixido por Manuel Brañas para crear “estas auténticas marabillas, que agora se integran nesta exposición”. O presidente da Deputación definiu este taller como “un dos tesouros desta institución: apórtanos identidade e historia. Hai moi poucos obradoiros como este, e que nos volvan a solicitar a colaboración para unha mostra destas características amosa o seu altísimo nivel”.

Leer más:   A Deputación participará na creación do primeiro museo virtual da informática de Galicia

A mostra está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e o equipo de investigación Organistrum, e conta co patrocinio da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Educación. A exposición, na que tamén colabora a Deputación de Lugo, proponse “recuperar e actualizar o prestixioso proxecto de construción dos instrumentos do Pórtico (1989-1994), creado baixo a dirección de J. López-Calo e Carlos Villanueva”. Celebrarase dende este venres, 29 de abril ao 28 de maio de 2022 no Salón Artesoado do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela e está comisariada polos profesores Carlos Villanueva e Montserrat Capelán.

Temas transversais, un simposio de especialistas e un ciclo de cinco concertos

“Os sons da pedra”, segundo a organización, enfocarase nos temas transversais do proxecto primixenio e combinarase con un ciclo de cinco concertos  e un simposio de especialistas, entre os que estará o director do taller de instrumentos da Deputación de Ourense, Manuel Brañas.

Leer más:   Manuel Baltar reivindica no 30 aniversario do programa Leader o traballo dos GDRs e destaca a importancia de seguir avanzando no equilibrio territorial

- Te recomendamos -
Artículo anteriorOurense celebra a volta da Shopping Night coas tendas abertas ata medianoite e ampla programación paralela
Artículo siguienteDetenidos dos jóvenes por homicidio en grado de tentativa tras apuñalar a otro durante una pelea en Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.