Inicio Destacado O Marcos Valcárcel acolle dende o martes a exposición fotográfica transfronteiriza sobre...

O Marcos Valcárcel acolle dende o martes a exposición fotográfica transfronteiriza sobre o río Limia-Lima

Imaxe da exposicion en Sarreaus

Tres fotógrafos ourensáns e tres portugueses documentaron o recorrido do río dende o seu nacemento no Monte Talariño, en Sarreaus, ata a súa desembocadura en Viana do Castelo

A mostra, “Río Limia-Lima. Caudal de emocións” estará aberta ata o 17 de maio no centro cultural da Deputación de Ourense

Ourense, 27 de abril de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá entre os días 3 e o 17 de maio a exposición “Río Limia-Limia. Caudal de emocións”, coas mellores fotografías dos fotógrafos profesionais que documentaron o itinerario transfronteirizo perfilado, na parte galega, pola Deputación de Ourense a través dos 11 concellos galegos bañados polo río Limia-Lima.

Esta acción está enmarcada dentro do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cuxo obxectivo principal é potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima, e a súa contorna, e en base a iso crear e desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que potencie o aproveitamento turístico da zona.

Leer más:   Profesionais e cidadáns achegáronse á Intelixencia Artificial e á tecnoloxía no rural na segunda xornada da Mobile Week Ourense

Dentro das actividades deste proxecto creouse este itinerario fotográfico que, agora, deriva na exposición “Río Limia-Limia. Caudal de emocións” no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coas mellores imaxes do territorio que baña o río Limia-Lima, desde o seu nacemento no Monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo, realizadas por profesionais portugueses -Pedro Cerqueira, Eduardo Pimenta e Miguel Costa- e ourensáns -Paco Rocha, Rosa Veiga e Miguel Souto-.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorManuel Baltar defende a transparencia nas administracións públicas como “un dereito e unha obriga, pero sobre todo como unha actitude”
Artículo siguienteO Barco convértese na capital do atletismo co Campionato de España de 10 quilómetros en ruta
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.