Inicio Destacado Ourense celebra a volta da Shopping Night coas tendas abertas ata medianoite...

Ourense celebra a volta da Shopping Night coas tendas abertas ata medianoite e ampla programación paralela

O centro da cidade acollerá espectáculos de poesía, música ou danza

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, destacou na presentación deste evento, co que colabora a institución provincial a través do Inorde, o seu rol clave na “dinamización do comercio da cidade”

O presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luis Rivera, remarcou a importante participación de establecementos nesta acción

Ourense, 27 de abril de 2022.- A cidade de Ourense prepárase para celebrar este venres, 29 de abril, a Shopping Night, un evento organizado polo Centro Comercial Aberto (CCA) Ourense Centro que volve a realizarse tras dous anos detido pola situación sanitaria e no que os comercios locais do centro da cidade abrirán as súas portas ata as 00:00 horas. Esta oitava edición, na que colabora a Deputación a través do Inorde, foi presentada esta mañá na sede do CCA Ourense Centro por parte do seu presidente, Luis Rivera, que estivo acompañado polo vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández e o coordinador institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso.

Leer más:   César Fernández resalta a “cooperación e a colaboración da Deputación cos axentes empresariais” na xornada de Zona Franca de Vigo

“A Shopping Night volve renacer dous anos despois con novos bríos e novas ganas”, destacou na súa intervención Rosendo Fernández, “e a Deputación de Ourense e o Inorde non podían deixar de colaborar e cooperar co comercio local”. O vicepresidente provincial e presidente do Inorde tamén quixo reivindicar a importancia deste evento: “É un dos eventos de dinamización e promoción comercial de maior proxección da cidade de Ourense, permitindo cultivar e promocionar o tradicional, achegando ese pequeno comercio local que é familiar, de proximidade no que hai una relación e interacción entre o cliente e o comercio”.

Pola súa banda, Luís Rivera remarcou como nesta oitava edición o comercio local  preparouse con ilusión, para que a cidadanía goce das tendas, da música, da moda, do comercio e da gastronomía da cidade. Durante esta edición os cidadáns poderán desfrutar de múltiples establecementos, en palabras do presidente do CCA Ourense Centro “dende o téxtil, complementos e zapaterías a tendas de decoración interior, ópticas, perfumarías e hostalería.”

Leer más:   O Teatro Principal acolle a estrea nacional de "Arraianos", a primeira adaptación escénica da obra de Méndez Ferrín a cargo da compañía Sarabela

O coordinador institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso, sinalou que a Shopping Night servirá para destacar as vantaxes do comercio local, como “a cercanía, a vocación de servizo,  o seu carácter persoal e a súa especialización”.

Entre as actividades programadas para a noite do 29 de abril destacan as degustacións gastronómicas, un pasarrúas de folclore tradicional que percorrerá todo o centro da cidade, exhibicións de baile e varios desfiles de moda, ademais de ciclos poéticos ou sorteos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAdif destina 28,8 millones para renovar la vía de la línea Ourense-Monforte
Artículo siguienteA Deputación colabora coa exposición “Os sons da pedra”, que recolle instrumentos do Pórtico da Gloria, o Pórtico do Paraíso e o Pazo de Xelmírez
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.