Inicio Destacado César Fernández asiste en Santiago á presentación dos Concertos do Xacobeo, cunha...

César Fernández asiste en Santiago á presentación dos Concertos do Xacobeo, cunha ducia de festivais, artistas e concertos xa confirmados na provincia de Ourense

Ourense,30 de abril de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, asistiu hoxe á presentación na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela á presentación dos Concertos do Xacobeo. O vicepresidente primeiro da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, deu a coñecer os detalles dun programa con 70 eventos musicais que se celebrarán nas catro provincias galegas, con actuacións de diferentes estilos e para todos os públicos.

Na web concertosdoxacobeo.gal, que se irá actualizando periodicamente, o público poderá consultar os espectáculos xa programados, entre os que están confirmados na provincia de Ourense os seguintes festivais, concertos e artistas: Dentro do ciclo Xacobeo Importa, The James Hunter Six en Ourense o 28 de maio; Gustavo Santoalla e Xoél López o 3 de xullo en Verín; Victor Manuel o 7 de xullo en Ourense; o Silfest do 21 ao 23 de xullo no Barco de Valdeorras; Miguel Ríos en Celanova o 18 de agosto; La Guardia e Danza Invisible o 25 de agosto en Pereiro de Aguiar; o dúo británico Placebo en Ourense o 26 de agosto; Tanxugueiras o 3 de setembro en Allariz; e Musgo en Ourense o 4 e 5 de novembro.

Leer más:   Drama en Ourense: un hombre intenta asesinar a su pareja y luego se tira por la ventana

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación lidera un proxecto para dixitalizar o ciclo urbano da auga da provincia con fondos europeos
Artículo siguienteManuel Baltar analiza futuras vías de colaboración entre a Deputación e o Concello coa nova alcaldesa de Riós
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.