Inicio Deportes As piscinas de Oira e a exterior dos Remedios abren o venres...

As piscinas de Oira e a exterior dos Remedios abren o venres 10 de xuño

  • As piscinas de Oira abrirán de 11:00 a 15:30 e de 16:30 a 21:00h, podendo acceder, sempre previa reserva, nalgunha das quendas (de mañá ou de tarde), ata completar o aforo esixido pola normativa hixiénico-sanitaria.

As piscinas de Oira e a exterior dos Remedios abren mañá, venres 10 de xuño, dando así por iniciada a tempada estival de baño na cidade

No que atinxe ás piscinas de Oira, abrirán en horario de 11:00 a 15:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas, podendo acceder, sempre previa reserva, nalgunha das  quendas (de mañá ou de tarde), ata completar o aforo esixido pola normativa hixiénico-sanitaria.

Para acceder ás piscinas de Oira é preciso efectuar a reserva, tanto a través do banner habilitado na web do Pavillón de Os Remedios Consello Municipal de Deportes Deportes Ourense  como a través da ligazón Reservas; ou ben a través das app gratuitas que se poden descargar tanto para android como IOS (Piscinas Municipales Ourense).

Leer más:   Novos horarios de verán – Actividades dirixidas

Cada día, permitirase o paso sen código QR a 30 persoas maiores de 70 anos, sempre que accedan a primeira hora da mañá (de 11:00 a 12:00 horas). Tamén será posible acadar o código QR de acceso ás piscinas de Oira nas instalacións do Pavillón dos Remedios, en horario de atención ao público, para as persoas con dificultades no acceso telemático á plataforma.

O concelleiro de Deportes e presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede, pon en valor o intenso traballo realizado polo persoal do CMD nas últimas semanas para que “unhas instalacións de primer nivel como as de Oira estén en perfecto estado para recibir aos milleiros de bañistas que acuden no verán”, e fai un chamamento ao cumprimento da normativa “para preservar entre todos este tesouro que temos en Ourense para pasar os meses máis calurosos do ano”.

  1. ACCESO/SAÍDA:
  • Acceso e saída polos lugares habilitados a tal efecto.
  • Todos os usuarios deberán pasar polo control de accesos.
  • Lectura de código QR e presentación do DNI.
  • 2 adulto+ 3 nenos (menores de 14 anos).
  • Non se pode reservar días seguidos. Só permitirá reservas a catro día
  • De non poder acudir, é obrigatorio cancelar a reserva, o que pode facer ata 30 minutos antes do comezo da mesma. Á terceira ocasión que non se cancele unha reserva implicará a imposibilidade de reservar durante 7 días.
  • De 11 a 12 da mañá, acceso directo sen QR a persoas maiores 70 anos (ata 30 persoas).
  • Posibilidade de retirar o ticket nas instalacións do Pavillón dos Remedios no horario de atención ao público, de non ter acceso a través de dispositivos móviles.
  • Posibilidade de bloquear a sesión no caso de non atender as indicacións do persoal da instalación e impedir futuras reservas.
  • Existe un tempo de cortesía duns 15’ para saír do recinto e voltar a acceder, mantendo o funcionamento do mesmo código.
Leer más:   Rosendo Fernández referenda na presentación de Termatalia o compromiso da Deputación con Ourense "como destino termal sostible"

Menores de 14 anos acompañados dun adulto maior de 18 anos.

2. INFORMACIÓN NORMATIVA XERAL:

•  Horario/franxas: MAÑÁ: 11:00-15:30 // TARDE: 16:30-21:00

3. ATENCIÓN ÁS INDICACIÓNS

•  Os usuarios obriganse en todo momento a atender as indicacións do persoal da instalación.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO vicepresidente Rosendo Fernández participou na inauguración da Feira do Libro de Ourense
Artículo siguienteO Pazo dos Deportes reunirá este fin de semana a máis de 500 deportistas no Campionato de España de Trampolín
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.