Inicio Destacado A Deputación colabora na celebración da II edición do Espírito Ribeiro

A Deputación colabora na celebración da II edición do Espírito Ribeiro

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e avanzou a colaboración con este festival, que se celebrará o 19, 20 e 21 de agosto en este concello, Arnoia e Cenlle

Ourense, 3 de xullo de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo unha reunión de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, para analizar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.

O presidente do goberno provincial comprometeu o apoio da Deputación de Ourense á celebración da II edición do Espírito Ribeiro, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de agosto en Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle, e que tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia e a Denominación de Orixe Ribeiro.

Leer más:   A Deputación aproba o Plan de Cooperación de 2022 para financiar 105 obras municipais e de mantemento da rede viaria provincial

O alcalde de Castrelo, Avelino Pazos, agradeceu o “apoio da Deputación, sempre disposta a respaldar os proxectos que presentamos os concellos”. O rexedor tamén destacou a “colaboración e cooperación con dos concellos irmáns, como son Arnoia e Cenlle, que xa o ano pasado cando lle propuximos a idea aceptaron no momento para promocionar o viño da DO Ribeiro, os produtos de proximidade e a promoción da nosa comarca, todo elo aderezado con boa música e actividades culturais”.

Avelino Pazos resalta que o festival Espírito Ribeiro está deseñado en “clave comarca” e destaca o potencial deste evento, “o ano pasado foi un verdadeiro éxito”, e que completa un agosto no que Castrelo de Miño tamén acollerá a Coupe de la Jeunesse e a Festa da Anguía.

Leer más:   Unha exposición recolle o labor da Deputación desde 1822 na saúde, termalismo, instrución pública ou cultura

Tres días de actividades

Espírito Ribeiro pivota sobre tres días de actividades en puntos clave de Arnoia -19 de agosto-, Castrelo de Miño -20 de agosto- e Cenlle -21 de agosto- arredor do río Miño, as augas termais, o deporte náutico e os produtos de proximidades. Entre as posibilidades de ocio, apunta o rexedor, os visitantes tamén poderán reservar praza no catamarán.

Segundo explican dende os concellos participantes, a proposta foi creada “a medida da proxección das terras do Ribeiro a través do seu produto máis xenuíno, o viño DO Ribeiro” e está concibida para “funcionar como panca da economía da comarca, nun momento clave en que se fai necesario repensar o turismo, promocionar o local e o valor engadido”.

Leer más:   FOTO DENUNCIA | “Encima de que ponen un rocódromo para escalar nos quejamos...”, “necesitamos otra escalera para esa escalera”, la denuncia vecinal de Ourense por la esperpéntica pasarela

A programación abarca concertos, degustacións gastronómicas, “showcookings”, deporte náutico, termalismo e charlas de representantes do mundo da enoloxía, o turismo e a cultura. “Unha proposta pensada para difundir a riqueza cultural e histórica en que se arraiga un viño milenario, que foi conformando durante décadas a paisaxe natural e cultural dunha comarca única”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación prepara un proxecto para crear unha plataforma turística baseada na Intelixencia Artificial
Artículo siguienteO vicepresidente primeiro Rosendo Fernández asistiu á XXIX edición da Festa do Pan de Cea
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.