Inicio Deportes Participación nos Xogos do Eixo Atlántico

Participación nos Xogos do Eixo Atlántico

No día de hoxe, partiu a expedición de deportistas que representarán ao Concello de Ourense nos Xogos do Eixo Atlántico, que se disputará en Maia (Portugal), desde o 4 ao 8 de xullo. Ourense participa nas modalidades de atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol 7, natación e voleibol. Na imaxe, o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, acompañan aos 121 deportistas e persoal técnico que tratarán de reeditar os éxitos acadados en edicións anteriores.


- Te recomendamos -