Inicio Destacado Regresa a Muíños o campamento de formación musical “Music Camp”

Regresa a Muíños o campamento de formación musical “Music Camp”

O complexo do Corgo acolle do 25 ó 31 de xullo a cuarta edición deste campamento, patrocinado pola Deputación de Ourense e o Concello de Muíños

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destaca a calidade da programación dunha iniciativa que permitirá a rapaces de entre 13 e 17 anos “formarse musicalmente con profesores excelentes á vez que coñecen Muíños, unha das nosas mellores fotografías”

Ourense, 4 de xullo de 2022.- O complexo do Corgo, en Muíños, acollerá a IV edición do campamento xuvenil “Music Camp”, organizado por La Casa de la Música e patrocinado pola Deputación de Ourense e o Concello de Muíños. A iniciativa, baseada nun programa de formación musical e de ocio, terá lugar entre o 25 e 31 de xullo.

Leer más:   A Deputación adhírese ao programa VIOPET para a acollida de animais de compañía de mulleres vítimas de violencia machista

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e o director de La Casa de la Música, Fernando Calvo, repasaron os detalles dun campamento deseñado para rapaces de entre 13 e 17 anos.

O presidente da Deputación destacou a calidade da iniciativa e felicitou ós impulsores dun campamento que é “unha excelente forma de desfrutar do verano, cunha programación que permite ós rapaces formarse na música con profesores excelentes á vez que coñecen Muíños, unha das nosas mellores fotografías”.

Pola súa banda, o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, resalta que celebrar a cuarta edición do campamento amosa a calidade e a consolidación deste proxecto: “Ver a Fernando Calvo, un integrante histórico de Los Suaves, pensar en Muíños para celebrar este campamento é un luxo. Sentímonos orgullosos e so podemos dicir que esperamos estar á altura e seguir construíndo Muíños e provincia”.

Leer más:   A Deputación inviste 656.540 euros en 15 proxectos municipais e na colaboración con entidades culturais

Formación musical e actividades de ocio

O campamento conta cun programa diario de tres horas de actividades musicais ó día que inclúe clases de guitarra, canto, batería, piano, baile e ensaio de coreografía.

A programación tamén inclúe actividades náuticas coma kaiak e piragüismo, diferentes xogos e visitas aos xacementos arqueolóxicos da zona e os espazos termais. Pola noite, terán lugar distintas actividades de ocio nocturno que chegarán o seu fin o 31 de xullo coa celebración da festa de despedida, que contará cunha actuación a cargo dos participantes neste campamento

As prazas son limitadas e as inscricións a este campamento poden realizarse a través da web www.lacasadelamúsica.es


- Te recomendamos -
Artículo anteriorParticipación nos Xogos do Eixo Atlántico
Artículo siguienteO vicepresidente Rosendo Fernández participou na apertura do congreso de ALDEEU
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.