Inicio Destacado A Ourense Film Commission realizará a súa presentación oficial ante o sector...

A Ourense Film Commission realizará a súa presentación oficial ante o sector audiovisual español no marco da próxima edición do OUFF

O presidente da Deputación e da comisión, Manuel Baltar; o director do OUFF e vicepresidente desta entidade, Miguel Anxo Fernández; e o director da comisión e asesor de Cultura, Aurelio Gómez Villar, repasaron nunha reunión de traballo as accións desenvolvidas ata o momento para a posta en marcha deste órgano impulsado polo goberno provincial

Invitarase a directivas doutras Film Commission existentes no resto de Galicia e de España a participar nunhas xornadas para “debater sobre a produción audiovisual, analizar a súa contribución á promoción do territorio e intercambiar experiencias”, sinalou Manuel Baltar

Os logros da aposta do goberno provincial por converter a Ourense nun plató de cinema non cesan: “Estes días estase a rodar El Tirabeque, dirixida e protagonizada por Darío Autrán, e neste verán tamén comezará a gravación de Amigos hasta la muerte de Javier Veiga”

Ourense, 6 de xullo de 2022.- A Ourense Film Commission, constituída o pasado marzo co obxectivo de seguir avanzando na transformación da provincia nun gran plató de cinema, realizará a súa presentación oficial ante o sector audiovisual español durante a celebración do 27º Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se celebrará do 23 de setembro ao 1 de outubro. Así  o acordaron o presidente da Deputación e da comisión, Manuel Baltar; o director do OUFF e vicepresidente deste órgano, Miguel Anxo Fernández; e o director da comisión e asesor de Cultura, Aurelio Gómez Villar, tras unha reunión de traballo na que repasaron as accións desenvolvidas ata o momento para a posta en marcha da citada entidade de xestión, impulsada polo goberno provincial.

Leer más:   A Deputación colabora coa celebración da décima edición do Rallye Ourense - Ribeira Sacra

A presentación oficial da Ourense Film Commission realizarase no marco dunhas xornadas ás que serán invitadas as directivas doutras Film Commission existentes no resto de Galicia e de España, “no ánimo de debater sobre a produción audiovisual, analizar a súa contribución á promoción do territorio e intercambiar experiencias”, sinalou Manuel Baltar trala xuntanza. Un encontro con representantes de asociacións e profesionais de referencia do sector “no que teremos a oportunidade de amosar os logros conseguidos ata agora, patrocinando e apoiando producións galegas, nacionais e internacionais localizadas no territorio ourensán”.

Un traballo que non cesa, engadiu, “xa que estes días estase a rodar en Ourense outra película, El Tirabeque, dirixida e protagonizada por Darío Autrán, e durante este verán tamén comezará a gravación de Amigos hasta la muerte de Javier Veiga”. Novas producións que se sumarán “a un feito inédito na provincia” como a coincidencia na primeira metade do ano de cinco produccións rodadas dun xeito simultáneo: a serie Motel Valkirias e as películas O home e o can; 13 Exorcismos; La manzana de oro e Honeymoon.

Leer más:   Deputación e Amigos da Vía da Plata avanzan na organización do congreso internacional dos Camiños de Santiago, que se celebrará en Ourense en 2023

Na reunión de traballo tamén se supervisou o deseño da páxina web da Ourense Film Commission, na que as produtoras poderán atopar toda a información que precisen para desenvolver o seu traballo, aínda que o asesoramento directo será outro dos puntos fortes desta comisión, ofrecendo propostas sobre localizacións; apoio para a tramitación de permisos administrativos; axuda na promoción e difusión das rodaxes; coordinación entre as produtoras e as administracións públicas; e axuda na loxística.

Promoción da provincia como un dos mellores destinos para rodaxes

A Ourense Film Commission é un órgano de xestión creado pola Deputación para seguir avanzando no traballo de situar á provincia como un dos mellores destinos de rodaxes, coordinando e atraendo ao territorio todas as producións posibles.

Leer más:   A Deputación felicita á Banda Unión Musical de Allariz pola súa medalla de ouro no World Music Contest

Aberta a novas incorporacións, a entidade está presidida por Manuel Baltar e ten como vicepresidente ao director do OUFF, Miguel Anxo Fernández. O director é o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e como vogais participan o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a deputada provincial de Cultura e Producións Audiovisuais, Patricia Torres; a xerente do Inorde, Emma González; a presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte; o vicepresidente do Cineclube Padre Feijoo, Manel Rodríguez; o director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño; a xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes, Uxía Caride; e o director de cine e xornalista Simone Saibene; actuando como secretaria xeral Susan Ramos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa Xunta felicita al Ayuntamiento de Carballiño por el reconocimiento internacional a su fiesta del pulpo
Artículo siguienteFormoso (PSdeG) urge a la Xunta habilitar ayudas para la compra de combustible bonificado para el sector agroalimentario
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.