Inicio Destacado Jorge Pumar destaca a implicación das administracións “á hora de reforzar a...

Jorge Pumar destaca a implicación das administracións “á hora de reforzar a confianza da cidadanía nos gobernos locais”

O deputado de Turismo e Innovación da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, participou hoxe en Pontevedra na reunión do consello de goberno da Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación Cidadá (RED), órgano da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)

Na convocatoria aprobouse a incorporación á rede de novos asociados. “Xa somos 270 as entidades locais que formamos parte deste órgano, representando a máis de 25 millóns de persoas e traballando para responder á crecente concienciación social sobre a importancia da transparencia nas políticas públicas”

Jorge Pumar lembra a importante responsabilidade da Deputación de Ourense nesta materia: “Esta institución é a máis transparente dos 52 gobernos provinciais de España, somos referencia por ser a primeira en crear un área de Transparencia e Bo Goberno e Manuel Baltar lidera a clasificación de presidentes de gobernos provinciais máis transparentes”

Leer más:   Manuel Baltar preside mañá unha xornada de Partenalia sobre a importancia do patrimonio monumental como eixo de crecemento dos territorios europeos

Ourense, 7 de xullo de 2022.- O deputado de Turismo e Innovación da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, participou hoxe en Pontevedra na reunión do consello de goberno da Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación Cidadá (RED), un órgano da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que ten por obxectivo promover as políticas de transparencia e participación cidadá na vida pública. Esta foi a primeira xuntanza que se celebra de xeito presencial e fóra de Madrid trala pandemia, escollendo como escenario o Pazo Provincial da Deputación pontevedresa.

Tralo remate da convocatoria, Jorge Pumar destacou a implicación das administracións públicas “á hora de reforzar e incrementar a confianza da cidadanía nos gobernos locais”, o que se puxo de manifesto na reunión aprobando a incorporación á rede de novos asociados. “Xa somos 270 as entidades locais que formamos parte deste órgano, representando a máis de 25 millóns de persoas e traballando para responder á crecente concienciación social sobre a importancia da transparencia nas políticas públicas”.

Leer más:   A XIII edición da BTT de Maceda reunirá este domingo a máis de 180 deportistas

A Deputación de Ourense ten unha importante responsabilidade nesta materia, subliñou Jorge Pumar, “pois esta institución é a máis transparente dos 52 gobernos provinciais de España, liderando un ranking no que se reflicte o cumprimento de ata 184 indicadores”. Ademais, lembrou, “somos referencia por ser a primeira Deputación en crear un área de Transparencia e Bo Goberno e o presidente Manuel Baltar lidera, a súa vez, a clasificación de presidentes de gobernos provinciais máis transparentes”.

Na orde do día da reunión e xunto coa incorporación de novas entidades locais, no consello de goberno da RED presentouse un informe sobre a recompilación de achegas que está a facer un grupo de traballo con motivo da reforma da Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno, no marco do IV Plan de Goberno Aberto 2020-2024, aprobado en outubro de 2020 e que recolle dez compromisos a asumir polas administracións para reforzar a transparencia e maila rendición de contas, mellorar a participación, establecer sistemas de integridade pública, e formar e sensibilizar á cidadanía e aos empregados públicos.

Leer más:   Manuel Baltar blinda o "máximo compromiso" da Deputación con "seguir mellorando a competitividade do turismo ourensán, apoiados na innovación e a sostibilidade"

A RED acordou ademais a súa participación no VII Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto que se celebrará do 28 ao 30 de setembro próximos en Cartaxena (Murcia) e onde se exporán os logros dos oito grupos de traballo constituídos neste órgano da FEMP.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPatricia Torres participa en Lugo na entrega dos VI Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio audiovisual
Artículo siguienteO Valcárcel acolle unha exposición arredor da figura de San Cipriano, “o santo máxico cristián por excelencia”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.