Inicio Destacado A Deputación avanza na consolidación da provincia como ecosistema deportivo: “Os froitos...

A Deputación avanza na consolidación da provincia como ecosistema deportivo: “Os froitos de moitos anos de traballo vense agora”

O goberno provincial colaborou no primeiro semestre de 2022 na organización de numerosos campionatos autonómicos e nacionais absolutos, probas internacionais e referenciais de deportes como o piragüismo, remo, atletismo, hockey, fútbol sala ou ximnasia

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co asesor de Deportes, Bernardino González, para analizar a evolución dunha estratexia potenciada co AVE e que terá o seu próximo fito na celebración da Coupe de la Jeunesse, entre o 5 e 7 de agosto en Castrelo de Miño

Como principais beneficios desta estratexia, Manuel Baltar resalta as consecuencias económicas, turísticas e de visibilidade para o territorio

Ourense, 13 de xullo de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co asesor de Deportes do goberno provincial, Bernardino González, para analizar o traballo realizado no primeiro semestre dentro desta área e as liñas mestras dos próximos meses. Unha estratexia de actuación de longo alcance, potenciada coa chegada da Alta Velocidade e que está encaixada na aposta da Deputación polo deporte, o turismo deportivo e o termalismo deportivo.

Leer más:   A Deputación fortalece a colaboración co Concello de Quintela de Leirado na procura de mellores infraestruturas para a veciñanza

“Os froitos de moitos anos de traballo vense agora. Esta é unha estratexia fundamental para este goberno, que terá como próximo fito a celebración da Coupe de la Jeunesse, entre o 5 e 7 de agosto”, sinalou o presidente da Deputación antes de resaltar as consecuencias para o territorio, en repercusión económica, turística e visibilidade, de acoller “probas autonómicas, nacionais e internacional de referencia, coa potencia suficiente para atraer a miles de persoas a probas celebradas na cidade, no Barco, en Muíños, Arnoia, Cenlle…”.

Manuel Baltar destacou a necesaria colaboración interadministrativa e pública-privada, para “organizar e acoller con éxito na provincia eventos deportivos de primeiro nivel”, apoiado en “alianzas estratéxicas con federacións como a de remo, piragüismo ou hockey” e reforzando as infraestruturas deportivas.

A chegada do AVE, explica Baltar, “deunos un novo pulo de diferenciación, reforzando a Ourense como un lugar de referencia para o deporte de alto nivel de competición e tamén de adestramento como demostra, por exemplo, as instalacións do Cerlac, con centenares de deportistas pertencentes as mellores seleccións do mundo”.

Leer más:   A Deputación colabora no XII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”

O presidente da Deputación avanza que no futuro “seguiremos potenciando a nosa aposta polo ecosistema deportivo da provincia de Ourense, apoiado na nosa excelente capacidade organizativa, referendada en citas como o Campionato de España de atletismo en pista cuberta ou a propia Coupe de la Jeunesse”.

Campionatos de España absolutos, citas autonómicas e probas internacionais

Nesta consolidación de Ourense como ecosistema deportivo, a Deputación apoiou no primeiro semestre de 2022 a organización de campionatos de España absolutos como o de remo de longa distancia -Castrelo de Miño, 20 de febreiro-; atletismo de pista cuberta -en Expourense, do 25 ó 27 de febreiro-; atletismo de 10 quilómetros en ruta -O Barco; 8 de maio; medio maratón de piragüismo -en Muíños, 28 e 29 de maio-; trampolín individual -no Paco Paz, do 10 ó 12 de xuño-; ou o de ximnasia rítmica  -no Paco Paz, do 23 ó 26 de xuño-.

Ademais, o goberno provincial tamén colaborou en citas da relevancia do Rally de Ourense; o Campionato de Europa de Hockey Sala Feminino; a proba ciclista do Gran Camiño; o programa Xurés Experience; o X Torneo Internacional Ourense, “A provincial termal”; a fase final da Copa da Raíña de fútbol sala; a Gold River Race de piragüismo; a II Arnoia Termal Sports; probas autonómicas de ximnasia, piragüismo ou remo; probas de deporte inclusivo; competicións de base ou as propias copas deputacións.

Leer más:   Rosendo Fernández visita o fin das obras de mellora da OU-105 en Seixalbo, cun investimento de 975.000 euros da Xunta de Galicia

Celebración da Coupe de la Jeunesse en agosto

Dentro desta estratexia da Deputación, e especificamente reforzando o rol de referencia da provincia como sede de probas de remo e piragüismo, Castrelo de Miño acollerá entre o 5 e o 7 de agosto a Coupe de la Jeunesse, unha proba que se desenrola de modo anual entre os mellores remeiros de dezaseis países europeos, con idades entre os 16 e os 18 anos. Esta será a primeira proba internacional de remo que se disputará en Ourense, despois de estar asentada como un lugar de adestramento para seleccións nacionais e internacionais nas instalacións do Cerlac en Castrelo, Arnoia e Cenlle.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl incendio de Ribadavia afecta ya a 50 hectáreas, y hay dos activos en Melón, que suman 55 hectáreas arrasadas
Artículo siguienteEste verano disfruta del yoga termal
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.