Inicio Destacado César Fernández resalta a “cooperación e a colaboración da Deputación cos axentes...

César Fernández resalta a “cooperación e a colaboración da Deputación cos axentes empresariais” na xornada de Zona Franca de Vigo

Ourense, 13 de xullo de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na xornada da Zona Franca de Vigo “Obxectivos estratéxicos”, celebrada no salón de actos da Confederación Empresarial de Ourense (CEO).

César Fernández resaltou na súa intervención o “papel colaborador da Deputación cos axentes empresariais. Porque no ADN desta administración está a cooperación, un factor decisivo para avanzar na dimanización deste territorio”.

Na xornada tamén interviron o delegado do Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades,  o delegado do Goberno, José Miñones, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Manuel Rodríguez e a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa. E participaron no posterior debate, ademais de Regades, o director xeral do Grupo Coren, Emilio Rial, o presidente de honor do Grupo Pérez Rumbao, Emilio Pérez Nieto e a export manager de Aceites Abril en EEUU e Canadá, Elena Pérez Canal.

Leer más:   Luz Casal recibe o premio Celanova, Casa dos Poeta", pola traxectoria exemplar dunha "auténtica referente"

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 13 de julio de 2022
Artículo siguienteOurense acollerá o 3 de febreiro de 2023 o Pleno da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.