Inicio Destacado A Deputación apoia á Banda Unión Musical de Allariz, que participa no...

A Deputación apoia á Banda Unión Musical de Allariz, que participa no World Music Contest de Kerkrade

A deputada Luz Doporto participou esta mañá na despedida aos compoñentes da agrupación alaricana, que actuarán o día 23 de xullo dentro do programa do concurso internacional de bandas de música

O World Music Contest de Kerkrade celébrase cada catro anos nesta localidade holandesa e para a edición de 2022 agarda a participación de máis de 20.000 músicos e 300.000 visitantes

Ourense, 19 de xullo de 2022.- A Deputación de Ourense apoia á Banda Unión Musical de Allariz, seleccionada para participar no World Music Contest de Kerkrade, o concurso internacional de bandas de música que se celebra estes días nesta localidade dos Países Baixos.

A deputada Luz Doporto estivo esta mañá en Allariz na despedida aos integrantes da banda de música alaricana, minutos antes do comezo da viaxe que os levará a actuar o día 23 de xullo no teatro de Kerkrade. Doporto desexoulles moitos éxitos a unha agrupación “cunha longa tradición de amor pola música e de dinamización da vida cultural desta vila”.

Leer más:   O presidente da Deputación reúnese co alcalde de Vilamartín de Valdeorras

O goberno provincial colaborou este ano coa Asociación Cultural Unión Musical de Allariz cunha achega económica para gastos de funcionamento e outra para a compra de instrumentos. “Un apoio merecido para unha agrupación de referencia en España polo seu bo traballo, e que ten unha innegable proxección internacional”, resaltou Doporto ao remate dun encontro no que estivo acompañada pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid.

Un campionato de referencia mundial

O World Music Contest de Kerkrade é unha competición mundial de bandas de música que dende 1951 se celebra cada catro anos nesta localidade holandesa. Considerada coma unha das citas de referencia mundial para as agrupacións da música de vento, a organización agarda nesta edición a máis de 20.000 músicos e 300.000 visitantes en Kerkrade.

Leer más:   Profesionais e cidadáns achegáronse á Intelixencia Artificial e á tecnoloxía no rural na segunda xornada da Mobile Week Ourense

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Ourense, 19 de julio de 2022
Artículo siguienteA Deputación colabora na 36ª Copa Galicia de baloncesto, que reunirá en setembro no Paco Paz ao COB, Breogán, Obradoiro e Basquet Coruña
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.