Inicio Destacado A Deputación colabora na 36ª Copa Galicia de baloncesto, que reunirá en...

A Deputación colabora na 36ª Copa Galicia de baloncesto, que reunirá en setembro no Paco Paz ao COB, Breogán, Obradoiro e Basquet Coruña

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Concello de Ourense na presentación do torneo, que se celebrará do 15 ao 17 de setembro. Destacou a colaboración da institución provincial “para un novo torneo de primeiro nivel”

Tralo sorteo para o emparellamento dos equipos, Río Breogán e COB, e Monbus Obradoiro e Leyma Basquet Coruña disputarán as semifinais.

A cita, que ten unha compoñente solidaria cos enfermos de cancro, inclúe unha actividade docente con adestradores e a homenaxe a Vicente “Nino” Santos, toda unha referencia no baloncesto ourensán.

Ourense, 19 de xullo de 2022.- O pavillón dos deportes Paco Paz acollerá do 15 ao 17 de setembro a 36ª Copa Galicia de baloncesto, un torneo que conta co apoio da Deputación de Ourense e no que participarán os catro equipos máis representativos da comunidade: Breogán e Obradoiro que militan na ACB, e Club Ourense Baloncesto (COB) e Leyma Basquet Coruña, na LEB Oro. A cita, que ten unha compoñente solidaria cos enfermos de cancro, inclúe unha actividade docente con adestradores e a homenaxe a Vicente “Nino” Santos, toda unha referencia no baloncesto ourensán.

Leer más:   Gestagua, enfrenta procesos legales por filtración de datos confidenciales y controversias en su Plan de Igualdad

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da copa, acto que se celebrou no salón de plenos do Concello de Ourense coa presenza do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; e o coordinador da asociación deportiva Bosco Salesianos Ourense, Sony Vázquez, como organizador da competición.

Rosendo Fernández puxo en valor a cooperación público-privada para a celebración de eventos deportivos, “que se traduce nuns resultados máis eficientes”, ao tempo que destacou a colaboración da Deputación “para un torneo de primeiro nivel, que terá de novo ao Paco Paz como escenario”, logo doutras importantes citas deportivas celebradas ata o momento no pavillón provincial como o Campionato de España de Ximnasia Rítmica ou a final da Copa da Raíña de fútbol sala.

Leer más:   Un estudo pioneiro impulsado pola Deputación converte a Ourense na provincia española co mapa máis detallado da concentración do gas radon en vivendas

Para Gonzalo Pérez Jácome esta copa, que tamén conta co apoio do concello ourensán, “será a festa do baloncesto galego”, mentres que Francisco Martín agradeceu á colaboración pública e á organización a súa implicación para disputar de novo en Ourense un torneo que, nunha modalidade diferente, tivo lugar en 2015 con motivo do 30 aniversario da copa.

Sony Vázquez foi o encargado de detallar o programa da Copa Galicia Senior masculina, parte de cuxa recadación irá destinada á Asociación Española contra o Cancro. No marco da homenaxe a un dos grandes mentores de moitos xogadores ourensáns como Vicente “Nino” Santos, o 15 de setembro disputaranse as semifinais. Tralo sorteo para o emparellamento dos equipos, celebrado no propio salón de plenos municipal, os enfrontamentos quedaron do seguinte modo: Río Breogán- COB, e Monbus Obradoiro-Leyma Basquet Coruña. Os gañadores disputarán a final o día 17. Antes, o 16 de setembro, está previsto un claustro docente coa participación de adestradores galegos.

Leer más:   Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da Feira de Artesanía e de Porco Celta

 


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Deputación apoia á Banda Unión Musical de Allariz, que participa no World Music Contest de Kerkrade
Artículo siguienteContinúa sin control la ola de incendios que calcina más de 19.000 hectáreas en Galicia
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.