Inicio Destacado A Deputación contribúe á dinamización sociocultural e á mellora de infraestruturas en...

A Deputación contribúe á dinamización sociocultural e á mellora de infraestruturas en Riós

Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa alcaldesa de Riós, Eva Barrio: “Un encontro frutífero, grazas ao compromiso de representantes públicos como a alcaldesa, sempre formulando propostas para a mellora da calidade de vida da veciñanza”

“Desde a miña chegada á alcaldía síntome totalmente apoiada”, asegura a rexedora, que pon en valor “a implicación que demostra sempre o presidente da Deputación co concello”

Ourense, 21 de xullo de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo unha reunión no Pazo Provincial coa alcaldesa de Riós, Eva Barrio, coa que pechou novas vías de colaboración que se traducirán en achegas para a dinamización sociocultural do concello e a mellora de infraestruturas en núcleos de poboación do municipio.

Leer más:   A Deputación aproba unha modificación de crédito para atender o aumento da demanda de actividades escénicas, musicais e recreativas

“Un encontro frutífero”, valorou Manuel Baltar, “grazas ao compromiso de representantes públicos como a alcaldesa de Riós, que sempre están formulando propostas para a mellora da calidade de vida da veciñanza”. Un traballo “que apoiamos con decisión desde o goberno provincial, como aliados que somos no desenvolvemento económico e social dos nosos concellos”, afirmou Manuel Baltar.

“Desde a miña chegada á alcaldía síntome totalmente apoiada”, asegurou pola súa banda Eva Barrio, que puxo en valor “a implicación que demostra sempre o presidente do goberno provincial con Riós”. Un apoio que definiu como “importantísimo para un concello como o noso e nun contexto de crise que tamén limita os nosos recursos”.

Leer más:   A Deputación convoca o XLI Premio de novela Eduardo Blanco-Amor

As novas liñas de cooperación concretadas entre Deputación e o Concello de Riós contribuirán a desenvolver novas actividades no municipio e para avanzar na mellora de infraestruturas públicas fundamentais para os veciños.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorSuben a 5.200 las hectáreas quemadas en el incendio que afecta al parque natural de O Invernadeiro
Artículo siguienteActivo un incendio forestal en el municipio de Ourense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.